Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O xardín vertical do CEIP Pena de Francia

O colexio público de Mos celebra o Día da Terra cun proxecto con material de refugallo

As macetas con material de refugallo.

O CEIP Pena de Francia (Mos) traballa nun proxecto documental chamado "Planeta Azul, Planeta Verde" co obxectivo primordial de sensiblizar e crear conciencia entre o alumnado sobre a necesidade de protexer e coidar o planeta. O colexio colabora con varios centros académicos de Turquía, Albania, Polonia, Croacia, Rumanía e Azores desde a plataforma educativa "eTwinning", que permitíu desenvolver colaborativamente co n eses alumnos as diferentes actividades do proxecto.

Houbo unha primeira parte na que se busca sensibilizar e concienciar sobre a problemática medioambiental e o grave cambio climático que afecta o planeta, e nunha segunda descubrir que pode facer cada escolar para lograr un modo de vida máis sostible e respectuoso co noso planeta.

Como actividade final no Día Da Terra e para festexalo dun xeito especial, prepararon un xardin vertical, unha proposta que tivo un gran éxito entre o alumnado. A consigna para elaboralo era que só empregasen material de refugallo, para sensibilizar os rapaces e rapazas que todos os obxectos poden ter unha segunda oportunidade de uso. O resultado foi espectacular, cheo de creatividade e inxenio, e cunha gran colaboración por parte das familias.

Compartir el artículo

stats