Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A emotiva homenaxe do colexio Divino Salvador a un gran poeta

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, atopou unha sorpresa na sua visita ao centro de Coruxo: os alumnos agasallárono cun vídeo cheo de amigos e poemas

Así fue la sorpresa homenaje del colegio Divino Salvador al poeta vigués García Teijeiro

Así fue la sorpresa homenaje del colegio Divino Salvador al poeta vigués García Teijeiro

Para ver este vídeo suscríbete a Faro de Vigo o inicia sesión si ya eres suscriptor.

Así fue la sorpresa homenaje del colegio Divino Salvador al poeta vigués García Teijeiro Suso Portela / FOTOS: elias regueira

O escritor Antonio García Teijeiro quedou abrallado. O que en principio era unha visita para charlar sobre poesía e animar á lectura aos alumnos do colegio plurilingüe Divino Salvador de Coruxo mudou nunha homenaxe dos escolares e dos profesores por ser recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil pola súa obra "Poemar o mar", o segundo libro da triloxía que o poeta vigués adicou ao mar.

García Teijeiro é un dos autores que participa na terceira edición do concurso xornalístico FARO DA ESCOLA, unha iniciativa do diario decano que conta co patrocinio da empresa de transportes Vitrasa-Avanza, o grupo de distribución Vegalsa-Eroski e a Deputación de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Os profesores e os alumnos do Divino Salvador esperaron a chegada do poeta, cargado coa sua mochila cunha caixa con sorpresa. Pero o que ía ser unha charla para animar á lectura de poemas converteuse de súpeto nunha merecida homenaxe a un home que acaba de xubilarse como profesor e nunca vai xubilarse como escritor. Dous alumnos, en representación dos seus compañeiros de 5º e 6º de Primaria, que participan na elaboración do xornal escolar para o concurso de FARO, foron os encargados de recibir ao poeta e levalo ao salón de actos. Sen tempo para presentacións, os escolares anunciaron a Antonio que antes de falar con eles, atendera á pantalla porque o acto ía convertirse nunha homenaxe e un recoñecemento ao seu labor literario. Alumnos e coordinadores tiñan preparado un video de homenaxe no que desfilaron amigos e familiares de Antonio e poemas dos seus libros recitados por grupos de alumnos do Divino Salvador con escenografía variada.

O primeiro que felicitou ao poeta foi o seu amigo e escritor Jordi Sierra i Fabra, quen resaltó a súa amizade e os anos compartidos arredor da literatura. Helena Pérez, de Edicións Xerais, fixo un repaso á traxectoria literaria de Antonio García Teijeiro. A emoción e algunha bágoa agromaron no rostro de Antonio cando apareceu no video o seu fillo Antón, residente en Estados Unidos, e o saúdo da súa neta. A emoción seguía, entre poemas recitados, coa intervencións do ilustrador Xan López, de Xulio García Rivas, María Canosa, Ledicia Costas, Xavier Estévez ou Juan Carlos Martín Ramos. Antonio non deixaba de sorprenderse coas palabras que lle adicaban os seus amigos.

E como remate sorpresa, a chamada de teléfono en directo do seu amigo, o cantante Paco Ibáñez, que adiantou que estaba a prepara un disco con cancóns en galego dos poemas de García Teijeiro. E o broche foi a entrega como agasallo dun periódico que preparon no colexio en honor ao poeta premiado.

Compartir el artículo

stats