Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os pitiños do NS dos Remedios

A Consellería de Educación premia un proxecto de ciencias do colexio de Ponteareas

A Consellería de Educación concedeulle un premio ao CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, por "Pitiños: un proxecto do ovo á galiña". Este proxecto foi premiado na categoría de ciencias no IV Concurso de Traballos por Proxectos, convocado ao abeiro do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, información e aprendizaxe).

O concurso fomenta os traballos de aula que empregan a biblioteca do Centro como un espazo non só de búsqueda de información senón tamén, de realización de diversas actividades, como a de seguir pistas con robótica, empregando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).

As titoras Maite Domínguez e Susana Lamela motivaron a toda a comunicade educativa cunha incubadora que puxeron entre as dúas aulas. O coidado dos ovos, o nacemento e a adopción dos pitiños, o traballo cooperativo, o uso de dispositivos móbiles, a robótica, os experimentos, a colaboración coas familias, a elaboración de receitas co ovo como ingrediente... son palabras clave que nos achegan un pouco máis á definición deste proxecto.

Co proceso de pescuda deron respostas a preguntas do tipo Como sabemos se un ovo foi fertilizado? Podemos comer os ovos de todos os animais? Como sabe unha galiña cales son os seus ovos? Que comen as galiñas? Como saen os pitiños do ovo? Que hai dentro dun ovo? En que se parece e se diferenza unha galiña dun galo? A que temperatura ten que estar a incubadora para que nazan os pitiños? É sempre a mesma temperatura durante os 21 días? As galiñas son felices no galiñeiro? Que outros animais nacen do ovo? Que produtos se elaboran con ovos? Os ovos caducan? Cando?

Se o alumnado se ilusiona aprende moito mellor.

Compartir el artículo

stats