Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Magosto con BATA en San José de la Guía

Degustando castañas no patio do colexio.

No colexio San José de la Guía non desaproveitaron a celebración do Magosto. Celebraron a festa popular no patio da escola convidando ao alumnado de BATA. Dita asociación traballa con persoas con trastorno do espectro autista (TEA) en Vilagarcía de Arousa e participou na festa o que reflicte a aposta pola inclusión do centro. A primeira hora o Ciclo Superior de Educación Infantil representou unha obra de teatro negro para os máis pequenos, e o Ciclo Superior de Integración Social fixo unha dinámica de presentación co alumnado de BATA coa axuda de pictos sobre animais. Logo dunha pequena merenda as profesionais de BATA presentaron diferentes formas de estructurar o traballo con persoas con TEA.

No patio do centro, ademáis das castañas, tiveron xogos adaptados con pictogramas ou reforzo visual e actividades dinamizadas polo propio alumnado, nas que tamén tiveron o seu espazo o alumnado de BATA. O colexio plurilingüe "San José de la Guía" iniciou a andaina no ano 1934 en Vigo da man das Siervas de San José.

Compartir el artículo

stats