Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os mellores traballos do OUFF Escola

O certame de Cinema OUFF Escola entregou os premios da súa VIII edición na Cidade de Ourense, nunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal e na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado. A iniciativa, que pon en valor e recoñece a creatividade audiovisual en lingua galega dos máis novos, promóvena o Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do XXI Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF. A ela concorreron este ano 74 traballos elaborados por máis dun milleiro de escolares.

Os seis premios incluídos nas bases do VIII Certame de Cinema OUFF Escola recaeron na categoria de infantil e primaria, o CEIP Coirón-Dena de Meaño pola peza "Quero un patio novo" (1º premio), o CEIP Torre-Illa da Illa de Arousa pola peza "Conservas en lata" (2º premio) e o CEIP Eduardo Pondal de Vigo pola peza "Árbores no camiño" (mellor guión).

Por outra parte, na categoría de "outros niveis" fixéronse con el o IES Macías o Namorado de Padrón, polo traballo "Verba"; o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz polo traballo "Algo pasa en Guitiriz" e o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pola peza "O Rumor". O xurado decidiu concederlle unha mención especial ao traballo presentado polo IES de Arzúa.

Compartir el artículo

stats