Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Semana cultural moi científica

O Colexio de Educación Infantil e Primaira Montemogos de Beluso implica a familias e profesorado nas actividades

O CEIP Montemogos de Beluso, no concello de Bueu, celebrou a vixéximo oitava edición da Semana Cultural e Letras Galegas dedicada á ciencia, con actividades non só para o alumnado do centro, senón tamén para as familias e o profesorado e incluso para o alumnado doutros colexios do Concello.

Probas cun dron no patio do centro escolar de Beluso.

Entre as actividades de carácter científico destacou a conferencia para o alumnado sobre a depuración do mexillón, impartida polo doutor Antonio Lozano-León, director técnico do laboratorio de seguridade alimentaria da Asociación de produtores mexilloneiros Cabo de Cruz de Beluso. Outra actividade interesante consistiu na exhibición de diferentes tipos de robot, incluido un dron, por parte do enxeñeiro Jano Malvar Álvarez, da Escola de Enxeñeiría Industrial da Universidade de Vigo. Ademais, os alumnos poideron ter unha visión moi simpática da ciencia gracias ao espectáculo Asquerosoloxía de Falabaratas, cedido polo Concello de Bueu. Outra actividade de carácter científico consistiu na charla impartida por profesionais de Sogama en relación coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

A semana comezou cun encontro coa escritora Ledicia Costas, autora do libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Unha das actividades na que participou case a totalidade do alumnado e o profesorado foi o Correlingua, que tivo lugar na praza Massó de Bueu e na que poideron disfrutar do concerto Brinca Vai! con Paco Nogueiras. Unha das actividades que está a acadar un importante éxito é o encontro entre un escritor ou escritora e o profesorado e outros membros da comunidade educativa. Trátase dunha actividade que se puxo en marcha o ano pasado e que se volveu levar a cabo este ano con Pedro Feijoo Barreiro, autor de Os fillos do mar" A semana cultural rematou co encontro co escritor Miguel Ángel Alonso Diz, autor de O soño de Esther e A nena á que non deixaban ser feliz.

O grupo de persoas maiores do Obradoiro da Memoria cantando para o alumnado.

Por outra banda, o Pavillón de Beluso acolleu o cuadrangular de fútbol sala entre alumnado de 6º dos catro centros de Primaria do Concello. Este ano o CEIP A Torre-Cela resultou o vencedor, sendo a prata para o CEIP Montemogos e bronce os colexios de A Pedra e Virxe Milagrosa. Outra das aportacións deportivas foi a exhibición de kárate. Tamén estreouse Bela e Besta, a adaptación desta obra foi levada ao escenario polos usuarios da Asociación Xoán XXIII. Unha das actividades máis emotivas foi o recital dun grupo de persoas maiores do Obradoiro de Memoria de Beluso que cantou para o alumnado.

Compartir el artículo

stats