Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Bocatas solidarios

Os alumnos e docentes do colexio dos salesianos de Vigo celebra a sús xornada máis solidaria cos máis necesitados

Pais, alumnos e profesores compartiron os bocatas solidarios.

O Colexio Salesiano desenvolveu a súa xornada da Operación Bocata Solidario aproveitando a campaña solidaria da ONG Manos Unidas "Loitamos contra a pobreza, apúntaste?". A oferta estivo aberta a todo o alumnado dende 3º de Educación Primaria e ás familias interesadas en participar.

O conxunto de todas as actividades de sensibilización e concienciación que se están a desenvolver ao redor desta, xa tradicional, campaña solidaria, acadou o seu cumio nas actividades desenvolvidas no colexio salesiano vigués.

A xornada adicada ao Bocata Solidario desenvolveuse en varios actos. Nun primeiro momento de sensibilización, no cine Salesianos e na igrexa de María Auxiliadora, tiveron lugar sendas charlas de sensibilización dinamizadas por persoas con experiencia na cooperación internacional.

Reparto de bocadillos.

No tempo de compartir, unha parte do alumnado axudado do profesorado encargouse da elaboración dos bocadillos, da atención a un posto de venta de obxectos solidarios e do reparto da comida. No tempo de lecer, porque a solidariedade é unha festa, tralo xantar houbo tempo para gozar xuntos do tempo libre con danzas do mundo e xogos doutros continentes.

En segundo lugar, celebróuse "Unha hora pola solidariedade". Para os máis pequenos e as súas familias e en colaboración coa ANPA celebrouse na Biblioteca escolar unha sesión de Contacontos do mundo.

Preparación dos bocadillos.

A colaboración ofrecida pola participación nestes xestos solidarios será enviada a un proxecto de Apoio á produción agrícola-alimentaria en Biseba (República Democrática do Congo).

"Desde Salesianos "María Auxiliadora" un ano máis queremos comprometernos para axudar ás persoas que menos teñen e que precisan da nosa axuda. Tamén seguimos traballando na concienciación da importancia do compartir e da solidariedade, valores fundamentais nos nosos días", apuntan dende o colexio.

Compartir el artículo

stats