Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Marea de colores en Salesianos

O pabillón acolle un acto de sensibilización dentro das festas de Don Bosco

Un grupo que participou no acto, cada un con seu cartel.

O colexio María Auxiliadora, dos salesianos de Vigo, organizou unha xornada escolar pola paz e a non violencia baixo o lema "Unha marea de cores pola paz", promovido desde a comisión de convivencia do centro. O pabillón polideportivo acolleu o acto de sensibilización pola paz, no contexto das festas do bicentenario do nacemento de Don Bosco do colexio dos salesianos na rúa Venezuela.

En consonancia coa campaña trimestral desenvolveuse o xesto colexial baixo o lema 'Contigo na paz'. Pola mañán foi reuníndose o alumnado no pabillón polideportivo, por mor da insistente choiva que caía a esa hora, e en sucesivas ringleiras situáronse os curso que levaban cadansúa tesela para construír un coloreado mosaico da paz.

Estando todos ubicados, o acto comezou coa audición dunha canción do musical "Juan soñador", con claras alusións á non violencia. "No con golpes" -que así se chamaba a canción- deu paso a un 'happening' sobre un episodio da vida de Xoán Bosco, cuxo bicentenario se está a celebrar este curso, no que "se actualizaba a súa invitación á mocidade a deixar de ser espectadores para seren artífices e artelleiros de paz" en palabras de Fernando Maíllo, membro da comisión organizadora.

Un grupo de alumnos amosa os seus carteis co lema "Contigo na paz".

Rematada a escenificación procedeuse á visibilización do mosaico e das mareas de cores. Todo o alumnado de cada curso, tiña nas súas mans unha papel de cor, seguindo as indicacións procedeu a elevar o seu papel conseguindo un fermoso e impactante contraste entre o ceo gris do que caía a choiva e a marea de cores feita polos papeis pintados de cada participante. O peche púxoo o canto, ao unísono, da canción "Los niños queremos la paz". A voz do alumnado de Educación Infantil e Primaria conseguiu afogar, ben por vergoña, ben por non saberen tan ben a letra, ao alumnado de ESO e Bacherelato.

Este sinxelo acto, xa tradicional neste centro escolar da comunidade salesiana, supón un elemento importante dentro do traballo de animación e sensibilización da comisiòn de convivencia e siñificou o inicio das festas colexiais.

Compartir el artículo

stats