Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

'As bonitas' de Sande, protagonistas do Entroido deste ano no museo Liste

Máis de 600 alumnos de centros vigueses participan nunha das actividades cíclicas máis populares do espazo cultural

Participantes na actividade proposta polo museo. // José Lores

Como todos os anos, e dentro da programación das actividades cíclicas do museo, o Liste está a celebrar o Entroido con grande éxito de participantes. De feito, e como acontece sempre con estas propostas (Samaín, Maios, Nadal,€), as encargadas do departamento de Didáctica do espazo cultural non poden atender a moitos dos grupos que queren participar debido á grande demanda.

Ao longo da semana pasada y durante estes días, ate o venres, acodirán ao museo máis de 600 alumnos de centros escolares da cidade para participar na proposta do Entroido, ademais dun centenar de visitantes que levarán a cabo outras actividades ou visitarán as exposicións permanente e temporais.

Nesta ocasión, no museo prestaron especial atención a un Entroido pouco coñecido, o de Sande en Cartelle (Ourense). O seu personaxe principal son "As bonitas", que ademais dun vistoso tocado e careta, cubríanse cuns vistosos mantóns de Manila traídos polos combatentes da Guerra de Filipinas.

O_Liste contou coa colaboración de Mª Carmen Sousa, 'Bonita' de Sande, que foi a encargada de proporcionar información sobre este Entroido e sobre o personaxe e, ademais, prestou un traxe completo orixinal que está a estar exhibido durante estes días no museo.

A parte teórica da actividade apóiase nunha presentación visual e en diversas caretas e tocados tradicionais como as pantallas de Xinzo, os volantes de Chantada, os merdeiros de Vigo, a mázcara de Manzaneda, etc., e unha parte práctica na que os cativos reporducen un tocado e unha máscara de Bonita que logo levan de recordo.

Compartir el artículo

stats