Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Lois Ripalda louva o froito das abellas na súa última obra, "A cultura do mel"

O autor divulga a historia da apicultura e a súa presenza en Galicia, advertindo dos perigos aos que se enfronta

Xosé Lois Ripalda. // Fd v

Cada libro de Xosé Lois Ripalda é un canto de amor a Galicia e aos seus tesouros. Nesta ocasión, o mestre xubilado louva o froito das abellas en "A cultura do mel" (Ir Indo), unha obra na que fai un repaso pola historia da apicultura, un cultivo que chegou á nosa comunidade da man dos romanos.

"En Galicia, os primeiros vestixios relacionados coas abellas atopáronse nos Ancares, pero como labor de recolección", explica o autor, para quen o mel galego "é único no mundo porque é de multicultivo. Queiroa, silva, tomiño... a cantidade de arbustos con flores das que se alimentan as abellas é marabilloso".

Como todos os de Ripalda, o libro é puramente divulgativo, sen tecnicismos e cun apartado especial para a presenza do mel na fala popular e para a. O mel ecolóxico e e o papel da Asociación Galega de Apicultura tamén teñen cabida na obra, á que xa publicada o autor quere engadir un epílogo, advertindo do perigo que para as abellas galegas supón a invasión das avespas velutinas.

Compartir el artículo

stats