Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Contos e música para prender o xérmolo do amor á lingua nos máis cativos

A Concellería de Normalización Lingüística presenta unha nova edición do programa Vigo Arrólate

A Concellería de Normalización Lingüística vén de anunciar a celebración dunha nova edición de Vigo Arrólate, a proposta de dinamización da lingua galega a través de contos e música especialmente deseñada para cativos até os 2 anos e as súa familias.

As sesións, once en total, terán lugar do 2 ao 30 de xullo, os luns, mércores e venres, na Casa da Xuventude e na Biblioteca Neira Vilas. Por alí pasarán Bea Campos, Raquel Queizás, Mailúa e noite, Soledad Felloza e Cé, Orquestra Pantasma para prender nas crianzas o xérmolo da lingua.

O prazo de inscripcións ábrese o 19 de xuño e para apuntarse hai que contactar, ben coa Casa da Xuventude (López Mora, 31. 986 29 48 06); ben na Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, 21. 986 26 77 59. bpneiravilas@vigo.org).

Herbas de San Xoán

A Concellería tamén organiza este mes dúas xornadas que xirarán arredor das herbas de San Xoán, en colaboración coa Sociedade Cultural e Deportiva de Matamá. A primeira terá lugar o día 21, ás 18.30 horas, na Casa da Xuventude. Na charla prestarase especial atención á orixe pagá desta festa, así como aos elementos que a determinan, especialmente a auga, o lume e a vexetación, e se ensinará a elaborar o cacho e o ramallo.

Logo haberá un paseo pola horta e xardín da Casa da Xuventude, para coñecer algunhas das numerosas plantas medicinais e aromáticas que alí aparecen e forman parte do cacho do san Xoán. A tarde rematará cun obradoiro de elaboración de xabón de avea e caléndula a partir de macerados de plantas aromáticas.

A segunda xornada terá lugar o sábado 23 a partir das 11.30 horas en Matamá, na S.C.D.A. (Canteiros, 53). Ademais da charla, os participantes poderán gozar dun paseo pola parroquia, colleitando e obtendo explicacións de todas as herbas aromáticas e medicinais que aparecerán durante o percorrido. A moita variedade de plantas e algunhas presentan elevado valor cultural.

Para participar en calquera das dúas xornadas non é preciso inscrición previa.

Compartir el artículo

stats