Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Interceptan un 'taxi pirata' en Galicia con sete persoas, dúas delas menores e no maleteiro

O condutor enfróntase a sancións de ata 6.000 euros

Interceptan un 'taxi pirata' en Ribeira con sete persoas, dúas delas no maleteiro

Interceptan un 'taxi pirata' en Ribeira con sete persoas, dúas delas no maleteiro / Policía Local Ribeira

José Manuel Ramos Lavandeira

ECG

Axentes da Policía Local de Ribeira, durante un dos controis preventivos realizados a pasada fin de semana, detectaron un continuo ir e vir do mesmo automóbil, polo que iniciaron o seu seguimento de maneira encuberta, constatando que o seu condutor estaba realizando traballos de "taxi pirata", ao carecer de calquer título habilitante.

Nun dos servizos procederon á súa parada e identificación, así como dos seus ocupantes, transportando nese intre sete pasaxeiros, tres máis dos permitidos, dous deles no maleteiro, sendo ademais estes menores de idade, os cales foron entregados aos seus titores legais.

Por estes feitos este home deberá enfrontarse a infraccións moi graves ao Regulamento Xeral de Circulación, á Lei 16/1987, de Ordenación dos Transportes Terrestres e á Lei 4/2013, do transporte de persoas en vehículos de turismo de Galicia, cuxas sancións poden chegar aos 6.000 euros.

Ademais durante os controis de tráfico procederon á denuncia administrativa dun condutor por superar a taxa de alcolemia permitida, polo que deberá facer fronte a unha sanción de 500 euros e 4 puntos de retirada do seu permiso de conducir.

Así mesmo imputóuselle a un segundo condutor un delito contra a seguridade viaria por superar a taxa obxetiva de 0,60 mg/l de alcol, sendo citado para a celebración dun xuízo rápido no que, entre outras penas, a Autoridade Xudicial poderá retirarlle o permiso de conducir de 1 a 4 anos.

Tracking Pixel Contents