Música
Folk acústico para Rosalía de Castro
O músico e produtor vigués Daniel González vén de musicalizar o poema «Cando a luniña aparece»

O músico e produtor vigués Daniel González. / Cedida
C. S.
«É o meu poema favorito de Rosalía e de toda a lingua galega. Desde que o lin de neno, sendo moi pequeno no colexio, conmoveume profundamente esa paixón e ese sentimento descarnado que a autora nos transmitiu a todos. É unha obra mestra que quedou gravada a lume na miña cabeza». Explica así o músico e produtor vigués Daniel González que foi o que o levou a escoller «Cando a luniña aparece», recollido no célebre poemario de Rosalía de Castro «Cantares Gallegos», e «vestilo» de folk acústico para render homenaxe á grande autora das letras galegas.
Modificando un pouco o título para diferencialo do orixinal da poeta, gravado, interpretado, mesturado e masterizado na súa totalidade por Daniel González no seu estudio de Vigo, este músico lanzou este venres o sinxelo «Cando a luíña aparece», musicalizando así unha das composicións do emblemático poemario de Rosalía de Castro e dando como resultado un tema no que conviven o folk, o pop e o rock.
Segundo explicou o propio compositor, na arquitectura deste audio, o mando absoluto lévao a guitarra acústica Martin Series X, que serve de columna vertebral envolvente en toda a mestura. Sobre este colchón de madeira pura, unha guitarra eléctrica Fender Telecaster intervén de xeito sutil e elegante, achegando escintileos eléctricos que enriquecen o cariz nocturno, místico e melancólico do cantar orixinal de Rosalía de Castro.
Así mesmo, con lanzamento deste sinxelo, o músico e produtor vigués procura poñer en valor e demostrar que «a poesía fundacional de Galicia segue viva, latexa con forza e que pode camiñar con paso firme nas correntes da música moderna en pleno 2026», indicou Daniel González.
O cantautor e produtor independente regresa con esta musicalización dunha das grandes autoras das letras galegas ao panorama musical, enriquecéndoo cun sinxelo que, na súa opinión, «transcende o musical para converterse nun acto de profundo respecto, admiración e rescate cultural cara á figura da escritora máis universal das letras galegas», sinalou o compositor, engadindo que con esta peza «a prioridade absoluta é poñer por diante o respecto e a devoción cara a obra orixinal, realizando unha musicalización íntegra, pura e sen modificación algunha dos versos orixinais escritos por Rosalía no século XIX».
O tema xa se pode escoitar dende este venres en distintas plataformas musicais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El joven ourensano Pablo Freire conquista su segunda medalla de oro consecutiva en la Olimpiada Iberoamericana de Matemática
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Un amplio dispositivo policial frena el intento de suicidio de un joven en el puente de Rande
- El rural ourensano revive: un concello de 550 habitantes busca reabrir su escuela tras 17 años cerrada
- Abal: «La Diputación contraprograma A Defensa da Vila con Carlos Núnez en Aldán»
- Protestas en el IES de Teis por la eliminación de horas para el mantenimiento del equipo informático
- Nuevo hito a la vista en Vigo con la nueva grada de Gol, con el objetivo de estrenarla en el derbi: ya está todo preparado para empezar a «teñirla» de azul