Música | MoOoM Artista musical e performer
MoOoM, artista con sons de aquí e do mundo: «Está habendo unha persecución policial da cultura»
Vén de sacar o seu disco "Atlántica", onde mestura electrónica, música tradicional galega e doutras latitutudes de América
Actuará o 14 de agosto en Cotobade; o 15 en Ferrol e en outubro nun concerto benéfico na Capitol de Compostela

MoOom, nunha sesión para FARO en Pontevedra, onde se asenta agora. / Pedro Mina

Unha historiadora da arte; sen formación musical regrada pero que enraizou na música popular dende nena cos primeiros anos en Bueu e despois en Pontevedra. Así é MoOoM, unha proposta de música e performance. O seu nome, un palíndromo con chiscadela ao Sol e á Lúa «entre dúas montañas». Como ela mesmo sinala, «unha tríada feminina». A súa música, con forte importancia da electrónica, bebe tamén do tradicional de aquí e do mundo. Sen dúbida, unha proposta diferente, con diferentes estilos en cada tema. O seu primeiro disco é «Atlántica». Poderán vela o 14 de agosto en Cotobade na Festa das Fontes; o 15 de a gosto nos Solpores de Ferrol; e o 2 de outubro nun concerto benéfico na Capitol.
Por que deu o salto á música?
Este proxecto materializouse ao longo dos anos; forma parte dun proceso. Eu gradueime en Historia da Arte e traballei no Museo de Pontevedra. Alí, vin o arquivo de Perfecto Feijoo. El é coñecido polo loro Rabachol de Pontevedra. Pasou á historia por unha cuestión anecdótica pero empezou a estudar e investigar a música tradicional galega. Para min, necesitaba facer viva a tese [sobre procesos migrantes] , comentalo dende a música e as verbas e facer a viaxe que tantos galegos realizaron. Por iso canto en galego e brasileiro con sotaque. Quería facer coa música a viaxe que tantas galegas e galegos fixeron.

MoOoM, en Pontevedra, artista musical e de performance. / Pedro Mina
Hai mestura de sons diferentes.
A nivel lingüístico e musical hai mesturas. Presento sons doutros países como o candombe [música resultante da fusión relixiosa bantú e católica nos encravos angolanos e congoleños no Río da Prata], ou a chacarera [ritmos tradicionais arxentinos] ademais doustros ritmos afrocolombianos.
Por que «Atlántica» de nome?
Eu son MoOoM, a serea cósmica, e gustábame chamar Atlántica á banda porque reférese a que todo iso é un conxunto vencellado á identidade atlántica que é un ir e vir. Non falo tanto de ser galega como da galeguidade. A identidade galega non está supeditada só ao territorio chamado Galicia; hai territorios galegos que non están na Galicia actual. Hai sete países nos que hai unha forte comunidade galega.

MoOoM, artista musical e performer. Vén de sacar o seu disco "Atlántica". / Pedro Mina
A música tradicional galega coa electrónica está de moda.
Por fortuna está de moda. Eu facíao antes de que Baiuca estivera de moda. Eu veño da performance, de disciplinas híbridas. Eu son unha chamana. Todos formamos parte dun mesmo ritual.
Como ve a a música galega?
En Pontevedra, acaba de sacar unha norma paa limitar as actividades culturais que superen os 75 decibelios [dentro do programa Cabos Soltos]. No Concello de Vigo, varios martes atrás non puiden actuar na Morada porque veu a policía unhas horas antes e non autorizou o directo. Está habendo unha persecución policial da cultura.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Policía de Vigo, en alerta por los robos en verano: detienen a dos chicas que portaban herramientas a las puertas de un edificio
- El Celta negocia una salida amistosa con Vecino para incorporar a Almeida
- Más de 30 atracciones inician su desembarco para las Festas do Cristo en Cangas, que activa un plan especial de tráfico y restringe el aparcamiento en el centro
- María Trigo, primera mujer de O Morrazo en sacar la competencia marinera: «Abrí el camino; después se enrolaron muchas mujeres de Meira»
- El marinero del «Playa de Cesantes» se enganchó en la maquinilla de proa: «Non entendo o que puido pasar; é unha tristeza enorme»
- Ourense se baña en las termas para escapar del calor: «Es agradable estar dentro y notar el tacto del agua en la piel»
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Los Bombeiros do Morrazo celebran su 20 aniversario: un nuevo parque y la dotación de más personal, los grandes retos para el futuro inmediato