Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura | María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño Xornalistas e escritores

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño publican libro conxunto e defenden: «Galicia é unha gran reserva espiritual e sexual para a literatura europea»

A novela, «Lovers», é un conxunto de relatos escritos a catro mans, comeza no Vigo dos anos 70 para seguir por Washington, Arxentina ou Amsterdam

A temática, as relacións de parella e os distintos puntos de vista no amor, co erotismo moi presente

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño presentan «Lovers», un libro de amor, desamor, tensión, paixón e moito humor

Alba Villar

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Como se afronta unha entrevista dobre con dous dos máis senlleiros xornalistas galegos da era contemporánea: María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño? Ese era o automandato: falar con eles sobre a súa novela conxunta «Lovers» (Galaxia) pero entre o Sireno en Vigo onde comezaron as preguntas e a cafetería Cañaveral (onde falaron da última cuestión), o tempo floreceu. Acabaron por me agasallaren cunha lección maxistral de xornalismo, de vida e de literatura.

En «Lovers», descubrimos varias historias de amor con personaxes en Vigo, Arxentina, Washington, Londres ou Amsterdam. Primeiro, unha persoa protagonista que pode ser unha muller ou un home introduce un relato. No seguinte, xorde a réplica da outra parte da parella. Tanto Porteiro como Avendaño destacaron que as páxinas rezuman erotismo. Así é, inda que Avendaño lamentou que en realidade hai «máis texto que sexo». [A el, encantaríalle que fose ao contrario].

Un libro «diferente e irreverente»

Avendaño defendeu que «é un libro moi anovador, moi diferente que quere romper con estereotipos literarios e afectivos». «E moi irreverente», engadiu Porteiro. «Intenta aportar á literatura galega e incluso española cousas que non están», agregou el para a escritora engadir: «A experiencia de escribir a catro mans eu diría que é inédita».

A primeira historia é a de Alicia, unha muller madura que «naufraga nun mozo». É o vigo dos anos 70. El é un rapaz de cabelo negro longo que xoga no Racing de Castrelos; e ela, unha perruqueira co salón na rúa Real. Que hai dos dous escritores nestes personaxes da apertura? Porteiro responde que dela nada. Avendaño confirma que foi futbolista do Castrelos e deixa no aire cun sorriso o da relación cunha muller maior ca el.

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño, co seu libro "Loves", de Galaxia. Na Porta do Sol de Vigo.

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño, co seu libro "Loves", de Galaxia. Na Porta do Sol de Vigo. / Alba Villar

A vivencia real no The Washington Post e con Isabel Allende

Aínda que Porteiro defendeu que hai moita «fantasía» no libro, varias preguntas despois admitiu que tamén hai realidades, como o relato que dá título ao libro, «Lovers». Nel, o protagonista recolle as súas cousas tras anos traballando no The Washington Post. Acompáñao a «saudade e a frustración».

Concluímos que Avendaño e o protagonista son o mesmo no arranque. Alberto traballou no xornal norteamericano preto de dúas décadas chegando a dirixir a súa versión en español ata que Jeff Bezos o mercou para «aniquilalo», lamentou o xornalista vigués.

O escritor confirmou que a conversa que se reflicte coa escritora Isabel Allende foi real. A autora confesoulle (e así o lemos no libro) que «unha muller ten que facer o dobre de esforzo que calquera home para conseguir a metade do recoñecemento». El, liñas máis abaixo dille: «Eu penso que cada novo libro te fai máis atractiva».

Onde o maxín empeza é cando chega unha tereceira personaxe que o convida a el a subir ao cuarto do hotel. «É unha homenaxe á exmuller de Bezos» que tralo divorcio «cada ano reparte millóns a asociacións sen ánimo de lucro. Foi a partir de aí que decidín crear ese relato», confesou.

«A indepedencia como palabra ten un prezo e eu levo 69 anos pagándoo»

Alberto Avendaño

— Escritor e xornalista

Ao fío de nomear a Bezos, Avendaño tamén indicou na entrevista con FARO que «a indepedencia como palabra ten un prezo e eu levo 69 anos pagándoo aínda que non me arrepinto de nada. Eu síntome con moito agarimo en Galicia. Facer este tipo de proxectos literarios é marabilloso. Eu son un tipo moi premiado fóra de Galicia [tres premios Emmy da Academia de TV estadounidense], todo hai que dicilo», matizou entre risos verdadeiros.

Unha relación dende o 1977

A primeira vez que se cruzaron as vidas dos dous foi cando Porteiro -ela mesma o lembra- foi a primeira xornalista en facer unha crítica «do grupo poético Rompente (no que participaba Avendaño) no xornal ‘El Pueblo Gallego’ no 1977. Despois, Avendaño -como director de The Washington Post na versión en español- publicoume textos nel. Cando fun a Washington, recibíronme el e os seus amigos nunha recepción divina e cunha bandeira de Galicia ao revés sen querer. Eu fora co Consello da Cultura para inaugurar unha exposición en Nova Iorque sobre emigración».

Avendaño recordou como a levou á Biblioteca do Congreso para recitaren xuntos un poema de Rosalía a partir dunha edición orixinal. Dende ese día ata agora, non deixaron de saber o un do outro e de colaborar.

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño, en Vigo, co seu libro "Lovers".

María Xosé Porteiro e Alberto Avendaño, en Vigo, co seu libro "Lovers". / Alba Villar

A ambos os dous preocúpalles o edadismo, inda que é maior o sentimento en Porteiro. El matiza que este se sofre de xeito distinto na «vella Europa e na vella España. A min, aínda me chegan ofertas de traballo de Estados Unidos. Buscan un editor pero non me interesa».

A continuación, Porteiro fixouse no pulso literario galego. «En Galicia hai literatos que agroman cada día, temos premios nacionais. Penso que Galicia é unha gran reserva espiritual para a literatura europea». «Iso gústame moito», expresou Avendaño para engadir que lle gustaría máis a frase «Somos unha gran reserva sexual para a literatura europea». «Quen che dixo a ti que o sexo e o espírito non teñen que ver? Co contento que se queda o espírito despois!», defendeu Porteiro co asentimento do compañeiro de letras. Para que reine a paz, concordamos como titular «Galicia é unha gran reserva espiritual e sexual para a literatura europea».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents