Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O actor Luís Iglesia, gañador do Premio Xosé Manuel Olveira «Pico»

O galardón recoñece a calidade no uso da lingua oral sobre os escenarios

O intérprete lucense Luís Iglesia.

O intérprete lucense Luís Iglesia. / Antonio Amboade

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. S.

Vigo

O Observatorio do Teatro Galego vén de conceder ao recoñecido actor Luís Iglesia o Premio Xosé Manuel Olveira «Pico» á calidade do modelo oral galego dos intérpretes da escena. O xurado decidiu outorgar esta distinción ao lucense polo seu labor escénico maxistral en relación coa oralidade galega, destacando que o seu traballo serve como unha referencia indispensable para o conxunto de profesionais da interpretación que desenvolven a súa actividade en galego, poñendo tamén en valor a súa traxectoria.

A creación deste premio xorde como resposta a unha necesidade detectada tras unha exhaustiva investigación sobre os usos lingüísticos no teatro galego. Este estudo, realizado polo Observatorio do Teatro Galego, revela que os intérpretes máis novos manifestan unha carencia de referentes e de espazos de aprendizaxe específicos para o modelo oral. O obxectivo principal é, por tanto, recoñecer a capacidade dos intérpretes para se servir do galego con rigor, incorporando variedades vivas da lingua de xeito natural e efectivo.

Este recoñecemento consolídase así como unha peza chave para dignificar e promover o uso oral de calidade da nosa lingua nun ámbito cultural tan relevante como o teatro, levando o nome do actor «Pico», referente «absoluto» e modelo histórico do que se pretende premiar.

Tracking Pixel Contents