Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria histórica democrática

A familia de Moncho Reboiras solicita que non se faga efectiva a proposición non de lei do PP

Nunha reunión co presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, lembraron que Moncho está recoñecido como vítima do franquismo

Manolo Reboiras, irmán de Moncho, coa súa filla Sara, onte, en Santiago de Compostela.

Manolo Reboiras, irmán de Moncho, coa súa filla Sara, onte, en Santiago de Compostela. / Xoan Álvarez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Vigo

Impedir que se faga efectiva a intención do grupo parlamentario do Partido Popular de presentar unha proposición non de lei para retirar as estatuas en lembranza de Moncho Reboiras, ao entender que o seu único propósito é «denigrar» a súa figura e «por extensión a de todas aquelas persoas que arriscando a súa seguridade persoal, o futuro profesional, a tranquilidade familiar, decidiron opoñerse activamente a un réxime de falta de liberdades que negaba os dereitos fundamentais da cidadanía», así como lembrar que, en xullo de 2009, o Ministerio de Xustiza do Goberno de España acreditou a Xosé Ramón Reboiras Noia como vítima do franquismo.

Foron as dúas cuestións que Manolo Reboiras, irmán de Moncho, e a súa filla Sara trasladaron onte nunha reunión que mantiveron co presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, a través dun escrito que solicitaron que sexa repartido entre todos os grupos parlamentarios, segundo explicou Manolo Reboiras.

No dito documento, a familia expón a súa «contrariedade e indignación» ante exposición de motivos recollidos na proposición de lei do PP, considerando que se «esgrimen unha serie de afirmacións e argumentos falaces» sobre a figura de Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en agosto de 1975. É por isto que no escrito a familia elaborou un percorrido pola súa traxectoria vital para desmentir as ditas afirmacións, destacando que foi «un estudante brillante, cunha carreira de Enxeñería, persoa culta formada ao abeiro da intelectualidade galeguista da cidade de Vigo, era dende moi novo un consciente seguidor dos exemplos de Alexandre Bóveda e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na concepción de Galicia como nación de seu dotada de dereitos políticos propios».

A familia de Moncho tamén incidiu en que, paralelamente á súa traxectoria profesional nas empresas Barreras e Álvarez en Vigo, Isolux Galicia e Ericsson en A Coruña, así como Watt en O Ferrol, Reboiras fíxose consciente de estar vivindo «nunha situación política anómala, baixo unha ditadura que nega os dereitos fundamentais das persoas para reunirse, organizarse, manifestarse, expresarse e representarse nos órganos executivos, lexislativos e xudiciais que rexen a vida das persoas. Unha ditadura que, asemade, exerce unha desalmada violencia represiva sobre aqueles que disenten e optan por alternativas de representación democrática semellantes ás que operaban noutros países da contorna europea». No escrito, a familia de Reboiras afirma que foi todo este contexto o que o impulsou a organizarse «en forzas políticas clandestinas, perseguidas, encarceradas e torturadas polo réxime que gobernaba en España; forzas que no seu programa de actuación conciben a Galicia como unha nación de seu con dereitos políticos propios e ideoloxicamente se sitúan no campo das ciencias sociais que interpretan a historia como unha loita de liberación das clases explotadas baixo sistemas especulativos de economía de mercado».

É por todo isto que entenden que é nesta práctica política onde se debe contextualizar e situar a figura de Moncho Reboiras «como exemplo de compromiso coa relidade do seu tempo e figura democrática esencial de entrega a unha causa dunha legalidade interrompida por un golpe de Estado anticonstitucional».

Tras a reunión, Manolo Reboiras afirmou que Santalices foi «moi correcto» e que o obxectivo era trasladar o sentir da familia a todos os grupos e que a proposición non de lei dos populares «non chegue ao Parlamento nin se debata con tales calumnias», indicou.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents