Iris Darriba, a actriz de Vigo que arrasa nos certames literarios de relato curto
A viguesa, da familia Quesada, vén de gañar o premio Exeria do Ateneo Atlántico cunha obra sobre o dó

Iris Darriba vén de gañar o certame de relato Exeria do Ateneo Atlántico. / E. Pereira
Iris Darriba é neta do paisaxista Antonio Quesada; e filla da ilustradora Maife Quesada. Porén o seu non son os pinceis nin as pinturas, senón a interpretación e nos últimos tempos, a literatura. Se o ano pasado gañaba o Certame de Relatos Vigo Histórico, nesta entrada de verán fíxose co Premio Exeria, tamén de relato.
A obra, de título «Un peixe», preséntanos unha muller que sabe que o seu tío Xaquín vai morrer por vontade propia no Hospital do Meixoeiro de Vigo.
Como despedida, quere saldar unha conta pendente con el dende cativa, pescarlle un bo peixe. Nace nela o desexo de entregarllo antes de que expire. Ao longo dos paragrafos, acompañámola, dubidamos ou non se o conseguirá.

Iris Darriba, actriz viguesa que se iniciou na literatura. / I.D.
«Isto en realidade vén dunha experiencia persoal inda que hai moitas metáforas», explica. «Recentemente vivín o falecemento dun familiar achegado e doutro a través da eutanasia. A través do relato quería contar unha historia de como sobrelevar o dó», sinala Iris Darriba.
Mais o relato tamén fía outras temáticas como a procrastinación ou o valor do tempo así como do paso deste. «A través da protagonista vemos unha situación a contrarreloxo. Tamén hai algo perturbador, inquietante, con elementos surrealistas», puntualiza a creadora viguesa.
Na reflexión que ofrece, un apuntamento sobre a sensación na vida «de non chegar a tempo aos lugares, de non chegar a tempo aos momentos».
Darriba soña con publicar un libro de relatos. Se cadra en pouco tempo teñamos unha ‘Cortázar viguesa’ entre nós.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería
