Actuación especial
Os sons electrónicos de Acacia Ojea e os de arpa de Beatriz Martínez viaxarán de Vigo ao Noia Harp Fest
As artistas olívicas Beatriz Martínez e Acacia Ojea ofrecerán un concerto único para o festival de arpa da vila coruñesa o día 30

Jose Lores

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o Noia Harp Fest, está a piques de abrir o día 29 deste mes a súa edición número 13 e, nela, as músicas procedentes desde Vigo terán protagonismo. Un dos concertos máis especiais é o que agarda o público da arpista Beatriz Martínez e da artista electrónica Acacia Ojea. Será un directo único preparado para o festival e que, de momento, só se interpretará nel. A cita, o día 30, na vila coruñesa.
Colámonos nun dos ensaios co noso fotógrafo e aproveitamos para saber algo máis desta peculiar iniciativa e xuntanza. Acacia Ojea sinala que para ela, «é unha honra; faime moita ilusión colaborar con Beatriz porque a arpa é un instrumento que admiro moito. Para min, é inalcanzable, así que participar e aportar dende a electrónica con Bea que toca incrible é unha sorte».

Acacia Ojea e Beatriz Martínez, nun ensaio en Vigo para o Noia Harp Fest. / Jose Lores
A E-Trad, o punto de conexión
Pola súa parte, Beatriz Martínez tamén arela tocar con Acacia. Chegou a ela da man de Rodrigo Romaní, ideólogo do Harp Fest de Noia. A E-Trad de Vigo foi o punto de conexión. A arpista dá aulas alí e Acacia acode a clase. «Empezamos a combinar, a ver que podiamos facer xuntas», recorda Bea.
Engade que se trata dunha «produción novidosa e orixinal, con bases de arpa que xa tiña feitas. Están baseadas nunha visión máis interior. Son cancións novas pero baseadas na música tradicional de raíz, de recollidas de campo».
Resalta que presentan uns arranxos «moi bonitos» de Mens, unha zona que lle gusta «moito recrear» musicalmente.
Intervención electrónica en directo
A función de Acacia será intervir en directo neses sons para «lanzar texturas de sons máis orgánicos, sons creados dixitalmente, que alterará a liña de Bea, do son que saca a súa arpa para xerar novas sonoridades».
Ante o traballo feito e pasado, xorde a cuestión de se rexistralo nun disco. Esa posibilidade non a estudan, de momento, sinalan. «Esta é unha peza en exclusiva para o festival», responden.
O Noia Harp Fest acolle o día 30 a actuación de Maeve Gilchrist no Teatro Coliseo Noela, será a mesma xornada na que actuarán Beatriz Martínez e Acacia Ojea.
A primeira comezou a estudar arpa céltica no 2005 na E-Trad viguesa con Rodrigo Romaní. Foi aí onde sentiu un cordón umbilical que a une e que a nutre co instrumento.
Dous destacados currículos
Catro anos despois pasou á orquestra Sondeseu participando en diferentes discos desta orquestra tradicional da E-Trad.
Co tempo, ela mesma pasaría a formar parte do profesorado da prestixiosa escola. Ademais fundou o grupo Ghaveta con Marta Martínez Valladares, Felipe Rodicio e Diego Langarika. Ten actuado no FestivalIntercéltico de Lorient así como no Celtic Connections entre outros.
Pola súa parte Acacia Ojea tense especializado como artista sonora e deseñadora sonora. Con esta segunda actividade, no seu currículo destaca o deseño de son de eventos como o o show de moda de Desigual con Nathy Peluso no Teatro Eslava, en Madrid no 2023 ou tamén o deseño sonoro para o Documenta Madrid do ano anterior.
Ademais de ter o grao de Belas Artes da Universidade de Vigo, tamén conta con diferentes másters. Hai dous anos participou na iniciativa «Ollo á orella», da Fundación Laxeiro en Vigo así como no S8 de A Coruña.
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- «A Xeitosa» cumple un siglo: cinco generaciones unidas en Vigo alrededor de la casa de Gómez Román
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta
- Qué supermercados, tiendas y centros comerciales abren en Vigo este 15 de agosto: todos los horarios
- ¿Qué hay detrás de los vertidos fecales que afectan a la ría de Vigo?
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido