Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Premio literario

A revolta veciñal en Allariz do 1989 e a violencia, eixos da novela gañadora do Premio Illa Nova, «Dos afectos, ao río», da autora Sofía Ruvira

A artista e escritora ourensá asina unha obra que reflexiona sobre a importancia da memoria e de coñecer o pasado así como sobre as violencias que atravesan as familias e a sociedade

Sofía Ruvira gañou o Premio Illa Nova de Narrativa con "Dos afectos, o río".

Sofía Ruvira gañou o Premio Illa Nova de Narrativa con "Dos afectos, o río". / Sofía Ruvira Instagram

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Pasaron 37 anos pero en Allariz (Ourense) e na súa comarca aínda lembran o episodio. Como van esquecer que no ano 1989 un grupo de veciños se afrontaron ao alcalde, daquela do PP, ao aparecer o río inzado de troitas mortas en varias ocasións? Aquelas protestas lograron sacar de diante un rexidor que ollaba cara outro lado e tomar conciencia da importancia do coidado do Medio Ambiente. Tamén supuxeron o impulso para que Anxo Quintana, líder nacionalista, chegara a ser o seu primeiro alcalde do BNG. Este contexto histórico é un dos caldos que nutre a obra «Dos afectos, o río», co que Sofía Ruvira («Canícula», «Os corpos fráxiles») logrou conquistar o Premio Illa Nova de Narrativa, da Editorial Galaxia.

O galardón -dirixido a persoas creadoras que non superan os 35 anos de idade- é lanzado cada ano desde a década dos 50 por Galaxia se ben nestes intres El Corte Inglés colabora. O premio inclúe a publicación da obra pola que Ruvira recibirá 3.000 euros.

Foto do 1989 en Allariz coa revolta veciñal para protestar contra un delito medioambiental que matou un gran número de troitas no río. Este feito recupérase na novela gañadora do Premio Illa Nova de Galaxia e El Corte Inglés, "Dos afectos, o río".

Foto do 1989 en Allariz coa revolta veciñal para protestar contra un delito medioambiental que matou un gran número de troitas no río. Este feito recupérase na novela gañadora do Premio Illa Nova de Galaxia e El Corte Inglés, "Dos afectos, o río". / FdV

«Dos afectos, o río» presenta a historia dunha moza xornalista que viaxa á súa aldea na procura do pasado familiar. Alí intenta descubrir a vida do seu avó materno, a quen vai idealizando pola súa participación na revolta veciñal décadas atrás contra o poder local pola contaminación ambiental do río. Nesa busca do pasado, irá descubrindo novos afectos, a faciana real que ocultan algúns heroes e como as distintas violencias anoan as distintas xeracións dende o pasado ao presente.

O xurado destacou «a calidade literaria da novela» así como a «mirada fonda e sensible ás diversas formas de violencia estrutural». Tamén destacou, como sinala o libro, que «lembrar é un exercicio político».

As integrantes do xurado -Cláudia Morán, María Quiroga (gañadora na anterior edición con «Perder o norte») e Mar Mato, con Malores Villanueva como secretaria- acordaron outorgarlle o premio Illa Nova por maioría.

O xurado do Premio Illa Nova de Narrativa conformárono como secretaria, Malores Villanueva, a xornalista Cláudia Morán (1d), a escritora María Quiroga (na pantalla) e a xornalista Mar Mato.

O xurado do Premio Illa Nova de Narrativa conformárono como secretaria, Malores Villanueva, a xornalista Cláudia Morán (1d), a escritora María Quiroga (na pantalla) e a xornalista Mar Mato. / El Corte Inglés

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents