Actuación
Carlos Núñez arranca a súa xira de verán "Lugares Máxicos" en Salvaterra do Miño o día 25
O gaiteiro vigués actuará na vindeira edición do Interceltique de Lorient na Bretaña francesa como un dos nomes destacados do cartel

Carlos Núñez / Kiko de Castro
Hai 30 anos saía publicado un dos discos de música galega máis importantes da historia de noso, «A irmandade das estrelas», de Carlos Núñez. Fora o primeiro álbum do gaiteiro vigués que se converteu nun fenómeno mundial. Agora inicia a xira especial de verán «Lugares Máxicos» que partirá o vindeiro 25 da Praza do Castelo en Salvaterra do Miño (Pontevedra).
As entradas podémolas adquirir en ataquilla.com cos prezos a partir dos 21,5 euros ademais dos custos.
Dende a súa oficina informaron de que a xira parará noutros lugares especiais como o Pazo Baión ou o Mosteiro de Oseira.
Núñez ademais prepara a súa actuación no Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, festival da música celta dos países atlánticos que comezará en dez días.
O vigués Carlos Núñez será un dos grandes nomes do cartel este ano xunto a Denez, Capercaillie, Agnes Obel, Yann Tiersen ou Susana Seivane.
Hai que lembrar que dende o 31 de xullo ata o 9 de agosto tamén actuarán alí outros artistas galegos como Luar na Lubre, Ailá, Benefán, o grupo estradense de baile Tequexetéldere, a Banda de Gaitas Estivada, José Manuel López coa súa masterclass de gaita, a pandeireteira e cantareira coruñesa Icía Kirk, entre outros.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Un Celta 'in crescendo' empata ante el Nápoles
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña