Fenda de xénero nos escenarios
Onde están as artistas galegas nos festivais?
A Asociación Mulleres da Industria da Música presentou o pasado mes de xuño o seu terceiro estudo de xénero e diversidades analizando 145 festivais e ciclos españois, detectando que só o 22% de artistas programados son mulleres
Tomando unha mostra de case 30 festivais celebrados en Galicia, a cifra ronda o 23%, mais se só se analiza a presenza de artistas galegas, o dato cae á metade: un 11%

Miriam Rodríguez durante a súa actuación no Galicia Fest, a finais do pasado mes de xuño. / Marta G. Brea

Visibilizar ás profesionais da industria e apoialas na procura dunha igualdade de oportunidades real e efectiva na programación musical, así como analizar a enorme brecha existente nos carteis dos festivais e na promoción das artistas. Son algunhas das necesidades que motivaron o nacemento en España, hai unha década xa, da Asociación Mulleres da Industria da Música (MIM), unha plataforma que nos últimos anos vén evidenciando con datos obxectivos a vasta desigualdade no sector musical a través da elaboración de informes con perspectiva de xénero. O pasado mes de xuño, a entidade fixo públicas as cifras do III Estudo de Xénero e Diversidades da Industria Musical en España, un documento para o cal foron analizados 145 festivais e ciclos musicais, revelando que só o 22% de artistas programados eran mulleres, ademais de que tan só o 17% dos carteis cumprían o criterio de paridade do 60/40.
Esta fenda constatada pola Asociación MIM non é allea ao que acontece en Galicia, pois tomando unha mostra de case unha trintena de festivais de gran e mediano formato programados este verán e deixando de lado as bandas mixtas, a presenza das mulleres sobre os escenarios ronda o 23%. Porén, a realidade é moito máis dramática se se decide ir un paso máis alá e centrar a mirada no protagonismo que as artistas galegas (xa nin sequera tendo en conta o idioma no que desenvolven as súas propostas musicais), pois o dato cae á metade e tan só un irrisorio 11,3% das apostas contratadas neste tipo de eventos están lideradas por mulleres da escena galega.
Por debaixo desa cifra do 11,3% e incluso con nula presenza de artistas galegas nos seus carteis deste ano atópanse festivais como o Morriña Fest, o Caudal Fest, o Atlantic Fest, o Ouren Sound Fest, O Son do Camiño, o Bigsound, o Son do Mar, o Festival da Luz ou o Portamérica, entre outros, xa rozando ese limiar este último. Superan levemente ese limiar citas como o Río Verbena ou o Son Rías Baixas, situándose no medio da táboa eventos como a Osa do Mar ou o Recorda Fest, entre outros, namentres que os festivais que máis representación de artistas galegas en proporción co total de artistas contratados son o Surfing the Lérez, o Festival Noroeste, o Galicia Fest, o Festival da Poesía no Condado, o Revenidas ou o Castelo Rock.
Traducindo as porcentaxes en cifras máis esclarecedoras, do medio millar de artistas contabilizados na mostra dos case 30 festivais analizados, as propostas contratadas lideradas por mulleres sitúanse en pouco máis de 110 e, no caso das artistas galegas, estas apenas superan as 60 no cómputo global. Así mesmo, cabe destacar que en moitos destes eventos a diversidade é inexistente, xa que practicamente se repiten por sistema propostas musicais idénticas.
Exemplo de boas prácticas
Fronte á nula paridade na programación dos festivais examinados e á escasa presenza de artistas galegas, aínda que son as menos, no territorio galego cómpre unha posta en valor daquelas iniciativas que fan un esforzo por reducir estas desigualdades.
Como exemplos de boas prácticas en materia de xénero destaca o Festigal, que para este ano presentou un cartel paritario de artistas, así como o Atlantic Pride, cunha destacada participación de artistas femininas, así como doutras identidades, que aínda son menos visibles nas grandes citas musicais. E, neste punto, é inevitable facer referencia a dúas propostas que levan xa anos intentando combater dentro da propia comunidade galega esta fenda de xénero nos escenarios: Festivala, en Vilagarcía de Arousa, e Polas Bravas, en Chantada, dúas citas nas que, ano tras ano, as mulleres e as propostas diversas ocupan o espazo na súa totalidade.
A irrisoria presenza das mulleres da escena galega neste tipo de eventos dende logo que non é posible xustificalo por unha falta de oferta e, a risco de que a listaxe fique incompleta, a continuación segue unha escolma de máis dun centenar de artistas galegas. Porque habelas, hainas.
Diccionario de mulleres da escena galega do A ao Z
- Abanda da loba / Agoraphobia/ Abril/ Ánima/Antía Muíño/ Alddara/ Ángela Pardal /A Amiga fea / Antía Rivas / A Pedreira/ As do Xeito / Arume/ Antía Pinal/ Ari Magritte / As Lembranzas / Aida Blanco
- Bala / Bratzantifa / Brassica Rapa / Belém Tajes/ Bárbara Lago
- Catuxa Salom / Caamaño&Ameixeiras / Carla Lourdes /Carme López / Cool Nenas / Carmen Rey /Carola / Cristina Pato / Candi / Carolina Rubirosa /Cora Velasco / Candela Liste / Carabela
- De Vacas / Dani Costas
- Eme Dj / Esmorgadas / Erea Castro / Elegnelo
- Fillas de Cassandra / Faul / Faia / Felisa Segade / Ferriñas Bravas
- Guadi Galego
- High Paw/ Hydn / Habelas Hainas
- Ialma / Icía Varela
- Julia Portela
- Kris K Dj / Kuartetas
- Luz Casal / Law/ Laura Lamontagne/ Lula Mora/ Leticia Rey / La Yaya Dj/ Luparias/Lakenobaila /Lucía Pérez
- Mercedes Peón/ María do Ceo/ MJ Pérez/ Mounqup / MoOoM / Marem Ladson/ Miriam Rodríguez/ Mónica de Nut/ Maricarme/ Moloch
- Nadie González/ Najla Shami/ Nastasia Zürcher/ Noa Vigo
- Paula Somoza (DJ Rapante) / Pava/ Pauliña
- Queen Rendi
- Rocío Caamaño/ Rumia/ Rebeca Rods/ Rager /Rosa Cedrón
- Sés/ Susana Seivane/ Su Garrido Pombo/ Sheila Patricia / Señora DJ/ Silvia de Taboexa/Sabela/ Sila Lua/ Sofía Espiñeira / Saya DJ/ Sara Nebra/ Sara Gimeno /Sanny / Saraiba/ Silvia Penide
- Tanxugueiras / Temible Olivina/ Txuki Camanho
- Uxía
- Wöyza
- Xoana
- Yoly Saa
- Zeltia Irevire/ Zavala
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña
- La nueva vida de la familia argentina que se mudó al rural ourensano para emprender: «Acá nos sentimos libres»