Entrevista | Montedapena Cantante
«Para min o humor é todo, síntome máis cómodo reivindicando dende aí»
O moañés Hector Rodríguez vén de participar no Atlantic Pride, onde presentou novo tema en colaboración con La Niña Delantro e Mia Skylar

Hector Rodríguez. / Víctor Gómez

Logo de publicar en 2025 o seu primeiro disco, un traballo co que sentou as bases do seu proxecto persoal Montedapena, o moañés Héctor Rodríguez presentou este ano o EP «Menos mal», que este mes o levou a participar no Atlantic Pride, onde adiantou un novo tema que lanzará logo do verán.
-Como naceu Montedapena?
-Montedapena naceu da experimentación, de probar coa miña voz, porque eu non cantara antes como solista. Animeime a probar porque Lontreira paraba, deixamos de dar concertos e tiña ganas de formar un novo proxecto, polo que decidín probar coa miña propia voz en vez de estar só coa produción e teclados.
-Este ano está inmerso na presentación do EP «Menos mal», con temas que xa son icónicos como «Me tiré a un facha».
-Si, neste traballo hai un pouco de todo, porque tamén está «Lista de checks», que é un tema que fala sobre esa vida á que queremos aspirar de estar viaxar moitísimo e ás veces non fai falta iso, tal e como digo na canción, que con ver todas as pelis de «Shrek» xa me chega. E tamén atopamos «Menos mal», que é un tema máis introspectivo no que reflexiono sobre que agora mesmo estou moi contento coa miña vida e menos mal que todo foi así.
-Amosa que é posible a crítica social dende a música sen perder o humor, que importancia ten crear dende este punto?
-Para min o humor é todo, para min é fundamental. Eu síntome máis cómodo reivindicando dende aí que sinxelamente reivindicando e xa está.
-Vén de participar no Atlantic Pride, que supuxo estar no festival coa súa proposta?
-A verdade é que foi incrible. Ademais, foi tamén moi especial porque presentamos un novo tema cunha colaboración con dúas chicas ás que lles teño moitísimo aprecio: La Niña Delantro e Mia Skylar. O tema sairá despois do verán, pero foi moi emocionante estar no Atlantic Pride, sobre todo por esta colaboración.
-A perspectiva queer tamén é outro aspecto chave.
-Creo que é moi importante, está clarísimo, e de feito é esa cuestión é un tema que tratamos nesa canción que sairá logo de verán, algo do que teño moitas ganas. Son unha persoa á que, en canto remata un traballo, xa me tira moito poñerme con máis cousas e ás veces teño que frear para gozar do que acabo de publicar.
-Leva algo máis dun ano con Montedapena, que tal está sendo a acollida por parte do público?
-Eu noto un cambio moi grande dende o ano pasado a este, sobre todo co lanzamento de «Me tiré a un facha». E noto que a xente nos concertos canta máis e tamén que está máis implicada. Nada que ver.
-Que obxectivos se fixa con este proxecto?
-Sobre todo quero probar, gozar e sacar música coa que estea cómodo, que me guste, e tamén facer concertos. Si que estamos pendentes de ver que tal a xira programada fóra de Galicia, porque será a primeira vez, pero todo con calma e sen presión.
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- «A Xeitosa» cumple un siglo: cinco generaciones unidas en Vigo alrededor de la casa de Gómez Román
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta
- Qué supermercados, tiendas y centros comerciales abren en Vigo este 15 de agosto: todos los horarios
- ¿Qué hay detrás de los vertidos fecales que afectan a la ría de Vigo?
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido