Ciclo do Consello da Cultura Galega
Seis construcións 'arqueolóxicas' dos montes galegos que (igual) non coñeces e son patrimonio inmaterial de Galicia
O Consello da Cultura Galega celebra unha xornada hoxe e mañá sobre construcións da Serra do Suído e doutras zonas montañosas galegas
Sabes que é un chozo, un sesteiro ou unha neveira no monte? Explicámoscho
Arqueólogos traballan para estudalas e recuperalas

O Consello da Cultura Galega realiza unha xornada sobre as construcións no monte na Serra do Suído. / Paula B./Consello da Cultura Galega

O monte galego é máis que árbores, matorrais e animais silvestres. Tamén é un foco de restos arqueolóxicos. De seguro que as mámoas ou dólmenes son os máis coñecidos, pero hai máis construcións que merecen ser estudadas, catalogadas e preservadas e que están vinculadas ao patrimonio gandeiro. O Consello da Cultura Galega celebra hoxe e mañá en Fornelos de Montes unha nova entrega do ciclo «Soster o noso» que versará sobre estas e a Serra do Suído, a cadea montañosa que separa as provincias de Pontevedra e de Ourense.
En concreto, leva por título «A serra do Suído. A memoria gandeira entre as pedras». «Naceu porque nos demos conta de que temos moito patrimonio preto pero que é descoñecido. Queriamos un espazo para falar del», sinala Paula Ballesteros-Arias, arqueóloga e antropóloga coordinadora das xornadas.

Chozo da serra do Suído. / Paula Ballesteros
Engade que «o monte é unha peza fundamental da nosa paisaxe. Antes formaba parte da vida diaria». En canto ás construcións relacionadas co gando, sinala que «podían ser abrigos naturais aos que lles ían engadindo pedras para ser máis habitables ou podían ser construcións mesmo con divisións internas e con teito abovedado».
Unha técnica patrimonio da humanidade
«Hai diversas tipoloxías», engade para concluír que tiñan un elemento común: facíanas sen argamasa, sen unha masa que unira as pedras. De aí, que reciban o nome de construcións de pedra seca. «A técnica de pedra seca está incluida no censo do Patrimonio Inmaterial de Galicia e está na lista representantiva do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. É unha técnica protexida», subliña Paula Ballesteros.
De seguido, sinalamos varias destas construcións.
Chozos. A xente no Suído que vivía da gandeiría facía unha serie de construcións. Denominámolos chozos, son as cabanas onde se resgardaban os pastores maioritariamente na época estival.
Sesteiros. Trátase de lugares nos que repousa o gando nas zonas altas e frescas da serra. Alí corría sempre algo de vento polo que o gando ía alí para liberarse das moscas e estar protexido.
Cortellos. Pequenas cuadras de propiedade particular localizadas xunto aos chozos para resgardar os becerros. Nalgúns lugares, chámanlles parideiras porque gardaban as crías recén paridas. En Fornelos de Montes, podemos atopar as parideiras de Casariños.
Curros. Son os peches de pedra para resgardar o gando durante a noite. Poden estar unidos ás cabanas ou cortellos. Poden ser de planta cadrada ou circular.
Foxos do lobo. Teñen documentados dous nesta serra e neles facían batidas comunais do lobo. Tamén se atopan algunhas en Cotobade así como en certas zonas da provincia de Ourense.
Neveiras. Localizaron algunhas preto do Suído. «Estaban asociadas ao Mosteiro de Melón», explica Ballesteros. «As neveiras eran propiedade dos grandes tenedores, que controlaban a grande economía. Non estaba ao alcance de todos ter xeo», engade. Na Serra do Candán, tamén se atopan varias pero estas dependían do Mosteiro de Acibeiro.

Chozo da Serra do Suído. / Paula Ballesteros
Un programa cunha ducia de expertas
As xornadas do Consello da Cultura Galega presentan un programa cunha ducia de persoas expertas.
Hoxe venres comezan ás 10.00 horas coa presentación para un cuarto de hora despois presentar a charla «Entre pedras e gando. Arqueoloxía ebtraballo de campo etnográfico na serra do Suído», a cargo de Paula Ballesteros-Arias.
-10:45 horas. «O que agora temos. Resultados das escavacións arqueolóxicas nos chozos do Suído (Campañas 2024-
2025): «Os chozos de Casariños e os chozos de Vilán», a cargo de David García Casas, investigador en Arqueoloxía no Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit, CSIC)
-11:15 horas. «O que a documentación nos conta sobre montes e cabana gandeira no Suído», por Lara Barros Alfaro, historiadora especializada en CMVMC, Proxecto Mulime.
-12:15 horas. «O que agora temos. Resultados 2. A Rolda: patrimonio inmaterial gandeiro nas terras de Covelo», pola antropóloga Belén Carballo Domínguez.
-12:45 horas. «A Cidade das Costas do Alén», coa intervención de Carlos Otero, arqueólogo, técnico de investigación no Incipit, CSIC.
-13:15 horas. «O que contamos. Paisaxes invisibles na serra. 10 anos de Suído LAB», a cargo de Manuel Bugallo, arquitecto e paisaxista (Suído LAB), acompañado por Fran García, historia dor e técnico de desenvolvemento rural (Suído LAB).

Chozo da Serra do Suído. / Paula Ballesteros
Pola tarde, a xornada proseguir á con «Os montes como escenario do patrimonio cultural. Os Chans do Barbanza, terra de vivos e de mortos?», con Víctor Barbeito, arqueólogo do Centro Arqueolóxico do Barbanza (en excedencia), Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela.
Tamén haberá espazo para o Instituto de Estudos Miñoráns que levan 27 anos investigando e divulgando o patrimonio do monte no Val Miñor. Asemade, a xornada prevé un encontro e debate coas comunidades de montes. A xornada presencial vanna desenvolver no Multiusos de Fornelos de Montes, na Praza da Igrexa.
Para a xornada do sábado, reservouse o tempo para un roteiro guiado polos chozos do Suído. Máis información, na web do Consello.
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- Fallece con cinco días de diferencia el matrimonio centenario de Nigrán tras 78 años de casados
- La Policía Local de Vigo rescata a una joven arrastrada por la corriente unos 50 metros en la desembocadura del Lagares
- Murió tras un error de diagnóstico en las Urgencias del hospital de Ourense después de un accidente en una ambulancia
- Así afecta la presencia de E. coli en las playas de Vigo: esto es lo que pasa si te bañas
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- El PP pide responsabilidades al gobierno local por los vertidos en las playas y el «caos en el balizamiento»
- Qué supermercados, tiendas y centros comerciales abren en Vigo este 15 de agosto: todos los horarios