Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Fundación Neira Vilas recibe «con agrado» a homenaxe das Letras Galegas 2027: «Hai que seguir lendo a Neira Vilas»

A Fundación Xosé Neira Vilas celebra a decisión da Real Academia Galega e comprométese a continuar o legado do autor e o seu compromiso co idioma

O escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

RAC

A Coruña

A Real Academia Galega escolleu este mércores, 8 de xullo, a Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) como figura homenaxeada nas vindeiras Letras Galegas 2027 nun pleno ordinario no pazo de María Pita da Coruña. A Fundación Xosé Neira Vilas, tras facerse pública a decisión, declarou nun comunicado recibir «con agrado» esta «nova dimensión» dentro do «compromiso no uso e defensa da lingua galega, e a responsabilidade de traballar na salvagarda e a difusión do legado literario de Neira Vilas».

Destaca, asimesmo, a figura de Anisia Miranda, a compañeira de vida do de Vila de Cruces e «escritora e pedagoga que xenerosamente se uniu á causa da cultura galega e que, como subana e castelanfalante, adoptou o galego na súa propia creación literaria».

Ampla traxectoria

Alén «a gran repercusión» que tivo Memorias dun neno labrego, «que soubo dar voz aos pobres e aos humildes», dende a Fundación poñen o foco no «voluminoso corpus bibliográfico», que inclúe o conto e a novela, pero tamén a poesía, o ensaio, a investigación, a literatura memorialística e, por suposto, o xornalismo.

Resumen o gran mundo literario do autor cun «ilusionante» convite: «Hai que seguir lendo a Neira Vilas». Mentres tanto, indican, toca «celebrar o ano de Begoña Caamaño».

Fuente: La Opinión A Coruña

Tracking Pixel Contents