Citas poéticas
A poesía de Yolanda Castaño e Branca Trigo, en dous festivais poéticos en Vigo esta semana
A cidade acolle hoxe e mañá o Festival de Artes Poéticas Astrolabia con Yolanda Castaño, Mónica de Nut e Marcos de la Fuente, entre outras voces
Branca Trigo e varios músicos preparan un espectáculo único para mañá venres en Évame Oroza

Yolanda Castaño. / IAGO LOPEZ/ROLLER AGENCIA

Vigo acolle entre hoxe e mañá o novo Festival de Artes Poéticas Astrolabia, unha iniciativa que reunirá a voces destacadas da poética e da música. Entre elas, a Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño que estará acompañada na música polo vigués Isaac Garabatos.
Será a partir das oito e media desta tarde no Vitruvia Café, antigo Aeroclub. Na sesión, tamén poderemos disfrutar da creación de Rumia e Marcos de la Fuente, precisamente este último é o organizador do festival. Lembremos que dirixiu durante moitos anos o extinto Festival Kerouac. Esta é a nova singladura nas música e versos.

Vigo. Branca Trigo. / Jose Lores
Mónica de Nut e ISGA Collective
A poesía retornará con Astrolabia ao día seguinte. Mañá será na Taberna do Náutico, tamén dende as 20.30 horas. Nesta ocasión, actuarán ISGA Collective con Mónica de Nut. Tamén participarán ao longo da noitiña Lontras, Belish e Laura Álvarez.
Baixo o lema de «O mar na voz», o festival está apoiado pola Xunta de Galicia, o Xacobeo 2027, o Concello de Vigo, o Vitruvia e A Taberna do Náutico.
Branca Trigo, nun espectáculo irrepetible
Por outra parte, a urbe olívica tamén presenta estes días o festival poético «Máis alto que o ceo». A cita será mañá 3 de xullo. Nesta ocasión, está convidada a poeta Branca Trigo cos músicos Macarena Montesinos, Xavier Bértolo e L.A.R. Legido coa direccón de Miguel Seoane.
Todas elas e eles poñerán en escena «Trigo nas fronteiras». Trátase dun espectáculo de produción propia pensado para o certame de Évame Oroza. De feito, vanno ofrecer na sede da asociación no Casco Vello Alto de Vigo a partir das oito da tarde. Neste caso, pensan xerar pezas «únicas e irrepetibles».
Suscríbete para seguir leyendo
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Bouzas activa el «plan B» para sus fiestas por la final de España y cambia el horario de una de las citas más esperadas en Vigo
- El grito de euforia de Nico Williams tras noquear a Francia: «Vamos carallo»
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- El Celta renuncia a retrasar el partido de la primera jornada