Recoñecemento
A soprano coruñesa María Luisa Nache, que actuou na Scalla de Milán con Maria Callas, homenaxeada do Día das Artes Galegas 2027
A Academia Galega de Belas Artes elíxea «pola súa carreira inigualable, o seu labor docente e o seu significado como icona cultural»
Recibiu o Premio Nacional de Teatro en dúas ocasións polas súas interpretacións nas óperas
Desenvolveu unha notable carreira operística polo mundo con sede en Italia ata que regresou a Galicia

Maria Luisa Nache (foto do arquivo RAGBA). / Arquivo de RAGBA

Máis de cen anos despois de nacer, Galicia homenaxeará á soprano coruñesa María Luisa Nache (1924-1985). A Real Academia Galega de Belas Artes vén de dar a coñecer que será a persoa homenaxeada para o Día das Artes Galegas do vindeiro ano. Tomará o relevo do fotógrafo José Suárez.
O punto álxido da homenaxe será o 1 de abril do 2027 pero ata entón iremos lembrando a figura dunha muller que trascendeu sobre todo nos palcos do circuito internacional de ópera nas décadas dos anos 40, 50 e parte dos 60.
Nache iniciouse no canto cando tiña 14 anos de idade na escola coruñesa de Bibiana Pérez. Dous anos despois, trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Real Conservatorio onde lograría no 1945 o Premio Extraordinario de Canto.

Maria Luisa Nache, na colección de fotos de Tino Barindelli. / Wikipedia/Tino Brindelli
Foi nese mesmo ano no que debutou no Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina na ópera «Aida», como cabeza de elenco. O éxito foi inmediato e iniciou unha xira polos teatros do norte de España con óperas, principalmente de Verdi e Puccini.
María Luisa Nache non ficou en España senón que decidiu ampliar os seus coñecementos e mellorar a súa capacidade vocal en Italia. Ese país sería o seu 'fogar' durante 18 anos inda que estaría xirando polo mundo no circuito operístico. En máis de 40 óperas, interpretaría os papeis principais, incluido o de Madame Butterfly, que curiosamente puxo en escena en A Coruña.
Un dos escenarios foi a Scalla de Milán. No escenario de ópera máis famoso e recoñecido do mundo, desempeñou o rol de Glauce na obra «Médée» de Cherubini no 1953. Foi alí onde compartiu palco con Maria Callas; as dúas dirixidas pola batuta de Leonard Bernstein.
Tamén na Scala cantou «Il trovatore» de Verdi. Acompañouna nesta ocasión o tenor italiano Franco Correlli. Entre os anos 50 e 60 logrou dous premios nacionais de teatro polas súas dotes interpretativas.
Nos anos 60 do pasado século, decidiu por motivos persoais que o seu fogar sería A Coruña onde se centraría no recital con obras dirixidas por Groba. Lograría despois a cátedra de canto no Conservatorio de A Coruña e no 1976, ingresou na Real Academia de Belas Artes de Nuestra Señora del Rosario.
Desde a Academia de Belas Artes, explican que acordaron dedicarlle o Día das Artes Galegas «pola súa carreira inigualable, o seu labor docente e o seu significado como icona cultural, María Luisa Nache reúne todos os méritos para ser a protagonista na edición de 2027, permitindo así que o pobo galego redescubra e celebre unha das súas artistas máis universais».
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada