Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MÚSICA

Anaquiños de Chapela celebra con éxito a súa romaría dos 50 anos

Ao redor de 300 músicos e bailarinas actuaron na parroquia redondelá e renderon homenaxe ao grupo de música tradicional

O grupo folclorico Anaquiños celebra o 50 aniversario

Mar Mato / Eli Regueira

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Non foi un serán ou unha foliada ao uso senón unha romaría, con polbeiro incluído, no que por veces houbo que conter as bágoas de emoción. Un dos grupos folclóricos de máis raíz na Galicia, Anaquiños de Chapela (Redondela), cumpriu o pasado sábado 50 anos. Reuniu preto de 300 músicos e bailarinas ao longo do día no palco que con vistas á ría de Vigo, no Piñeiral.

Non só acudiron os integrantes da agrupación actual senón tamén algúns dos moitos que foron conformando o grupo ao longo de medio século de vida. Como apoio, recibiron a visita e as actuacións dunha ducia de grupos da contorna que ofreceron o seu repertorio para celebrar o aniversario: Coro Cantares de Brión, Tirapuxa, Froles Mareliñas, As Cacharelas, Semente Nova, Choran as Pedras, Gaiteiros de Rande ou Agarimos.

50 anos de Anaquiños, de Chapela.

50 anos de Anaquiños, de Chapela. / M. Mato

Os momentos máis emotivos vivíronse cando integrantes actuais e antigos de Anaquiños actuaron xuntos no palco e cando se entregaron distincións aos profesores.

Moi aplaudido foi o recoñecemento a Mucha, primeira profesora de Anaquiños xunto a Miguel Salomón (este, xa finado). Entregáronllo Lisi e Sabela, as súas primeiras alumnas. A presentadora Bego Anido deulle as «grazas por axudar a construír estes 50 anos de vida compartida». Tamén houbo verbas de agarimo e distinción para Loli Santorio (ela non puido asistir e recolleuno a súa familia); así como para os actuais profesores Mercedes Dafonte e Luís Correa «Caruncho».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents