Literatura
«Como o can ao trousado», a novela epistolar de Manoel da Costa
Exprofesor asociado da UVigo, o autor pon fin a unha década de traballo cunha nova obra literaria que esgotou a súa primeira tirada

Manoel da Costa, á dereita, co seu novo libro. / Carolina Sertal
C. S.
«Sabela recibe da súa avoa unha terrible herdanza: unha caixa ateigada de fragmentos de vida. Nela, ademais dun monllo de cartas hai toda unha arqueoloxía de pequenos tesouros. Todo un rastro documental dun namorado do que nunca se escoitara falar na familia. A través desta herdanza, Sabela tenta recompoñer a identidade secreta da súa avoa e a verdade sobre un home que escribía desde as sombras dun tiránico servizo militar».
Arredor desta sinopse perfílase a última novela de Manoel da Costa, «Como o can ao trousado», unha obra epistolar na que, segundo explica o seu autor, «cada carta é unha especie de conto pequeno, pechado en si mesmo, e que reproduce a estrutura das miñas anteriores novelas, puidéndose ler de xeito independente, pero que rematan formando un conxunto. Se ben hai novelas epistolares nas que é posible achegarse ás dúas partes, o certo é que a min me gustaba moito máis unha obra na que só coñeceremos que é o que lle di o namorado a Lucía».
Manoel da Costa sinalou que iniciou esta novela hai unha década, pero que debido ao seu traballo e ao seu papel como profesor asociado na Universidade de Vigo (UVigo), non foi até a súa xubilación que lle deu un pulo importante. A edición de «Como o can ao trousado» foi posible grazas a unha campaña de micromecenado, esgotando a primeira tirada, e o autor levou a cabo recentemente a súa presentación na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo arroupado por amizades e lectores.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra