Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Polémica coa praia das Catedrais, en Lugo: opta a mellor areal de España pero a Mesa pola Normalización Lingüística vai denunciar

A Mesa vai solicitar á organización que rectifique o concurso: o nome debe aparecer en galego e non en castelán

Condé Nast Traveler comunicará o 28 de xuño que areal é o gañador

A Praia das Catedrais opta á mellor praia de España.

A Praia das Catedrais opta á mellor praia de España. / Simón Espinosa

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

Ata agora, a mellor praia de España era Cala Bassa en Ibiza pero a partir de finais deste mes de xuño, un areal galego podería subir ao podio. Trátase da Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo). A revista Condé Nast Traveler vén de lanzar un concurso para votar a mellor do Estado. O problema é que a organización obviou a toponimia en galego. Chama a atención porque non traduciron Cala Bassa o pasado ano. Bassa viría sendo en catalán unha balsa, unha lagoa que semella unha piscina natural.

O curioso é que outro areal finalista desta edición, Ses Illetes en Formentera (Illas Baleares), tampouco ten traducido o nome ao castelán. No seu caso, si que respectaron a toponimia orixinal. No caso de cambiala ao español, sería Playa de las Pequeñas Islas.

A Praia das Catedrais, en realidade chámase Praia de Augas Santas. Opta á mellor de España.

A Praia das Catedrais, en realidade chámase Praia de Augas Santas. Opta á mellor de España. / Efe

As outras competidoras da Praia das Catedrais este ano son a de Bolonia, en Tarifa; de las Conchas nas Illas Canarias, de los Locos en Cantabria, Illa Roja en Girona; Norte en Castellón, Laida en Euskadi, Poo en Asturias e Calblanque en Murcia, segundo informa a organización do certame.

A MESA denuncia o incumprimento da lei

Por parte da Mesa pola Normalización Lingüística, o seu presidente, Marcos Maceira, sinalou a este xornal que van redactar e remitir un escritor a Condé Nast «para que rectifique. Denunciamos o incumprimento legal. Non só é unha absoluta falta de respecto á toponimia galega, tamén é un incumprimento do que estipula a lexislación. Esta establece que os topónimos galegos son a única forma legal. Iso ten que ser cumprido por todo o mundo».

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. / Europa Press

Ademais, engade tamén que hai «falta de respecto pola toponimia do lugar» xa que o devandito areal lucense chámase Praia de Augas Santas. «Modificaron o nome lexítimo. A toponimia é a memoria, un rastro que deixamos no paso dunha cultura, a galega. Estes intentos sistemáticos de intentar borrar ese rastro buscan eliminar a presenza cultural galega e a lingua galega. Nós opoñémonos e faremos chegar as queixas oportunas», subliña.

Lembrou que o incumprimento da toponimia en galego segue a darse en ocasións mesmo en TVE, pero tamén en Google ou Apple cos seus mapas e xeolocalizadores. Ao respecto, sinalou Maceira que teñen solicitado que se subsanen os erros.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents