Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dinamización cultural no rural

Entreverbas, cando a poesía toma os pendellos

O festival da parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño, chega esta fin de semana á súa undécima edición consolidándose como un exemplo de dinamización cultural no rural galego a través da poesía e grazas á implicación comunitaria da veciñanza, achegando os seus eidos e alpendres para a súa celebración

Recital do Festival Entreverbas celebrado nun cuberto da parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño.

Recital do Festival Entreverbas celebrado nun cuberto da parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño. / Entreverbas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Salvaterra de Miño

Un cuberto, un eido, un xardín ou o emblemático Bar SanRokán, no que o tempo fica conxelado dende que os seus donos se xubilaron pero que volve á vida para a ocasión. Espazos da veciñanza e comunitarios da parroquia de Cabreira, en Salvaterra de Miño, serán escenario esta fin de semana dunha nova edición do Festival Entreverbas, unha iniciativa que chega á súa undécima edición consolidándose como un verdadeiro exemplo de dinamización cultural no rural galego, do pobo e para o pobo, apostando pola poesía como ferramenta de transformación social.

Coordinador do festival, Xosé Manuel Martínez González, Xespi, lembra que ao longo da última década o Entreverbas moito mudou dende aquela primeira edición na que Silvia Penas conquistou a todo o público asistente coa súa potente posta en escena. Neste senso, Xespi recorda que «deixounos a todos coa boca aberta, a xente saíu daquela primeira edición moi sorprendida e tamén porque o que viviron foi algo que non é tan habitual nas zonas rurais ou nos lugares nos que se fan propostas de ocio e cultura, xa que nós intentamos traer actividades que para velas tes que desprazarte a vilas máis grandes ou á cidade como presentacións de libros, proxeccións de curtametraxes, recitais ou pequenas obras de teatro alternativo. O Entreverbas naceu así, procurando traer á nosa aldea actividades minoritarias , pero que á xente si que lle apetece contemplalas e participar».

Se ben nos primeiros anos a organización deste festival poético intentou levar actividades a Salvaterra e tamén a Salceda, finalmente concluíron que «o bonito e a esencia era facelas na nosa aldea e foi moi importante irse cara eses espazos das veciñas e veciños como os cubertos e os eidos, houbo unha reposta moi positiva e aínda que é para a nosa xente, achéganse persoas de toda a contorna», conta o coordinador da proposta. Así mesmo, Xespi apunta que o nome do festival non é casualidade, pois outro dos obxectivos é que «facer partícipe á veciñanza, que compartan as súas impresións e historias, o cal conseguimos a miúdo».

Programación

Logo de gozar a semana pasada dun coloquio co presidente da Fundación Galicia Verde, Enrique Banet, o forte da programación dará comezo hoxe cun concerto de Pakolas na Escola infantil de Cabreira ás 19.00 horas e, ás 21.00 horas, no Bar SanRokán, cunha das actividades máis especiais desta edición, pois Carla Cabaleiro achegará á veciñanza unha curtametraxe que recolle a historia da súa avoa, «a señora Fina», quen na parroquia todas lembran como unha muller «entrañable» e quen rexentaba a tenda da taberna. O Entreverbas continuará mañá cun paseo polo cemiterio con Emma Pedreira, un xantar popular, a presentación do Festival da Poesía no Condado e, ás 20.00 horas, o agardado recital que este ano contará coa participación de Branca Trigo, Lois Pérez e Maite Dono.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents