Música
A Xunta impulsa un plan para unha mellor proxección exterior da música galega e creará un fondo para proxectos musicais
O Plan estratéxico da industria musical quere impulsar a rede das salas, unha feira da música galega e mellorar a presenza no exterior

Concerto do grupo Gin Toni´s na Fábrica de Chocolate en Vigo. / M. Mato
A industria musical galega xera ao ano 227,7 millóns de euros e máis de 3.20 postos de traballo ao ano, segundo o informe da Asociación Galega de Empresas Musicais. Dende a Consellería de Cultura, consideran que as cifras poden ir a máis. De aí, que nos últimos anos mantiveran charlas co sector para trazar as liñas do denominado Plan estratéxico da industria musical. Este xa está rematado e presentado. Entre as súas propostas de acción, figura lograr unha maior proxección exterior das e dos artistas galegos.
O Plan tamén propón actuar e impulsar as salas de concertos e lograr máis público para elas. Nos últimos anos, o efecto atracción dos festivais ten limitado bastante a vida das salas. En primeiro lugar, gran parte dos grupos e solistas que antes ofrecían concertos polos clubes de música, agora limitan a súa actividade a tocar nos festivais: menos actuacións pero máis ingresos.
Como segundo punto, as salas de música ao vivo enfrontan cada vez unhas normativas máis estrictas. Para cumprilas, precisan dun investimento forte de diñeiro pero sen unha afluencia grande de público faise difícil afrontar as melloras. Como terceiro apuntamento, hai un cambio de tendencia na forma de lecer, dependendo das xeracións. Promotores láianse de que cada vez é máis complicado encher os concertos de gran parte das salas.
Para entender isto último, rescatamos unhas declaracións de Kin Martínez, de Esmerarte, facilitadas a FARO dous anos atrás. Sinalaba: «O papel das salas e locais de ensaio é importante, é onde xorde o talento. Nós temos (na Fábrica de Chocolate) uns tres concertos á semana alí. Ás veces, facémolo de maneira altruísta, porque non se ve recompensado economicamente».
De feito, esa é unha febleza que o Plan ve na música galega actual: hai precariedade. O Plan recolle como fin impulsar unha rede galega de salas e espazos de música ao vivo «con circuítos de programación, apoio institucional e capacidade para facilitar xiras de artistas galegos, propostas emerxentes e proxectos innovadores. A rede permitirá mellorar a circulación musical dentro de Galicia, reducir a fragmentación territorial e dar continuidade á actividade ao longo do ano».
O que buscan é que o talento galego poida actuar nas salas. E dentro das medidas para conseguilo, inclúen crear un rexistro oficial e catálogo público de espazos musicais. Ademais, prometen crear un fondo estable de apoio á industria musical galega. Este fondo sería de carácter plurianual. Apoiarían proxectos «de especial valor cultural, económico, territorial ou profesional». A cuestión é que tanto para estas medidas como para outras moitas o Plan non aclara cantos cartos serían precisos.

Antonio Orozco, en una sala en Vigo. Imagen de archivo. / FdV
Un avance a priori é que falan de fomentar a colaboración público-privada. Confían en crear "marcos de colaboración" entre administracións, empresas, entidades culturais e axentes do sector co fin de incrementar o investimento na música galega. Concluímos que o fondo podería estar participado por entidades públicas e privadas.
Na nota indican que a Consellería xa está a impulsar a rede de salas cunhas liñas de subvencións que se traducen en 141 concertos en 16 espazos do país ata 2027. Isto arroxa oito actuacións por sala e ano, unha cantidade moi reducida para poder sobrevivir.
Outro punto do Plan é impulsar as carreiras profesionais. O fin é «avanzar cara un sistema de certificación profesiona» para mellorar a experiencia e a empregabilidade. O programa tamén busca establecer un itinerario de decisións ata o 2030. As liñas da proposta pódense atopar aquí.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Evacúan en helicóptero desde Cíes a un turista asturiano después de desmayarse
- CIG-Saúde denuncia la contratación de médicos sin especialidad en los PAC del área de Vigo
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Las quejas de los hosteleros, uno de los motivos de la prohibición de los conciertos en los chiringuitos de playa de Vigo
- La Xunta advierte de una «desbandada» de las concesionarias de cafeterías escolares tras la normativa estatal de comedores
- El verano ya no es solo vacaciones: cada vez más jóvenes vigueses cambian la playa por el trabajo
