CINE
Un exemplo de éxito cultural na Galicia: a Mostra de Cinema Periférico (S8) e a súa matrícula de honra
O Caso Iguala en México, sobre a desaparición e o asasinato de estudantes, saltou á pantalla
Tamén se viron as obras do histórico cineasta canadiano John Porter
O festival esgotou entradas en gran parte das súas proxeccións

Proxección do mexicano Bruno Varela no S8. / Mar Mato

Para quen creceu vendo anacos de películas ou da vida familiar nunha tea branca na casa coas imaxes esculpidas pola luz dun proxector analóxico, reatoparse con esas máquinas de Super 8 ou 16 milímetros supón regresar ao fogar. Por iso, aterrar dende o primeiro segundo na Mostra de Cinema Periférico S8 supón iso, regresar a un espazo querido. A edición número 17 do festival de cinema asentado na Coruña pechou días atrás con matrícula de honra. Na retina e no cerebro, todavía persisten os vídeos de John Porter coas súas propostas xocosas pero críticas; a denuncia e crítica social do mexicano Bruno Varela, a visión persoal dos eclipses da americana Jeanne Liotta ou os traballos magníficos das novas camadas das facultades de Belas Artes.

O cineasta Bruno Varela, no S8. / M.Mato
De feito, así comezou o festival deste ano, coa selección duns traballos do alumnado destas escolas de Pontevedra, Salamanca e a Complutense de Madrid baixo o paraugas do programa Paraíso.
Impactada quedei polo proposta de Zoila Electra –unha moza da Complutense con familia galega– que en «Las chicas como ella» presenta a historia de maltrato da súa nai e como ela dende cativa a viviu. O relato é vívido, foxe do sentimentalismo, da mágoa pero aínda así atravésate coa súa realidade.
No terreo do tratamento máis experimental da imaxe, impactantes tamén foron os traballos «Oda á extinción» (Isabella Moreno) e «Persistencia do baleiro» (Moreno máis José García Estévez), de Bellas Artes de Pontevedra. A descomposición da imaxe tralo tratamento sonoro do filme deu lugar a dúas obras singulares nos que a imaxe se desvirtúa por momentos.
No plano da animación, un excelente traballo tamén foi o de Raúl Díaz con «A viaxe do tolo» e a exploración nas cartas do tarot da súa vida e da súa forma de ser.

Performance con cinema expandido de Tânia Dinis. / Mar Mato
Un punto que sempre atrae dos festivais é descubrir autores que descoñecías. Desta volta, no S8 dei con moitos. Un deles foi o mexicano Bruno Varela (con antergos tamén galegos).
El é unha das figuras senlleiras do cinema experimental americano. Na retrospectiva amosada, fixo reflexionar moito a obra sobre o Caso Iguala –a desaparición e asasinato de estudantes por forzas do Estado en Iguala no 2014. Varela desmonta en «Materia oscura» a versión dada polo Goberno para ir demostrando que foi un crime de estado no que as autoridades intentaron tapar o acontecido.
Nun coloquio no S8, Varela confesou que lle tería encantado que a peza xerara moitos «problemas». Lembrou que unha das promesas de López Obrador foi resolver este caso. «Sabemos o que pasou, está vinculado ao exército, as forzas municipais e federais traballando en relación cos narcos», indicou. Lamentou que o traballo artístico non xerou crítica sobre o acontecido, que era o que el realmente buscaba.
Outra xanela ao mundo abriuna o espazo de proxeccións da Kinothek Asta Nielsen, dedicado á produción alternativa das mulleres no celuloide alemán. Unha voceira do centro recoñeceu as dificultades que teñen para lograr fondos para restaurar filmes analóxicos e conformar a historia de cinema experimental.
Os traballos amosados revelaron a creación feminina en cine analóxico nos anos 80 e 90. Entre todos, peculiar foi «Johnny or the raw meat», a historia de amor entre un anaco de carne crúa e unha muller espida que dubida entre o degoiro e o afastamento que non podo evitar.

Beatriz Breire, no S(. / Mar Mato
Outros filmes destacados foron os de Jeanne Liotta coas súas gravacións de eclipses nunha forma de amosalos dun xeito moi peculiar.
Nas noites, as performances comandaron na Fundación Luis Seoane. Beatriz Freire presentouse traballando un tear como metáfora da realización de imaxes; mentres Tänia Dinis afondou nos ciclos naturais e os rituais co día a día dos quefaceres das mulleres.
Inolvidable foron as performances e proxección do canadiano John Porter. O S8 levaba anos querendo que visitara a Mostra pero el rexeitaba os convites pola súa elevada idade, ao redor dos 80 anos. Ao fin, aceptou e agasallou a audiencia con obras que ergueron o riso e agradeceron a súa vitalidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- La Policía de Cangas ya puede puede multar en los núcleos de Aldán, Donón y Arneles
- Viejas virtudes, viejos defectos: el Celta empata en Braga
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- Una boda con Obi-Wan Kenobi, Xena y dinosaurios hinchables
- El dueño del antiguo asilo de Cambados accede a dar una finca al Concello para una residencia