Adeus á Verbena da Pomba en Vigo e ao seu solar na Ronda de Don Bosco
A iniciativa da Emaús despídese cunha derradeira festa porque van urbanizar o solar onde se celebraba

Mar Mato

Unha das iniciativas culturais máis singulares dos últimos anos en Vigo di adeus: o solar da Pomba. A fundación social Emaús organizou onte o último acto neste espazo público da zona da Ronda de Don Bosco en Vigo. O peche foi a derradeira Verbena da Pomba.
Nos últimos tres anos, unha horta, concertos, celebración de aniversarios, verbena e outras iniciativas culturais deron vida a ese espazo detrás dos edificios. O fin era reunir a comunidade nun espazo libre de estigmas onde a xente en exclusión social ou colectivos desfavorecidos –mesmo sen fogar– puidesen participar integrados.

Verbena da Pomba en Vigo. / Pedro Mina
«O solar cedéronnolo hai tres anos no Calexón da Pomba. Sabiamos que chegaría o día en que nolo volverían pedir. Co Plan Xeral, van erguer un edificio de vivendas así que queriamos facer un acto simbólico coa veciñanza» de despedida, explica Juncal Blanco, responsable de proxectos de Emáus Fundación Social.
Na tardiña de onte, o programa incluíu unha instalación artística a partir dos cascotes dun muro realizada por IgnacioPérez-Jofre e Alberto Ardid.
O grupo musical «Sabor latino» tamén actuou como tamén tocaron Orysel Gaspar e Pedro Román. Un momento especial foi a lectura do pregón pola rapazada da zona.
Tamén houbo unha merenda comunitaria con petiscos compartidos nun espazo libre de alcol.
A Emáus, porén, prosegue coa súa actividade da que seguirá dando conta na canle «Que pasa no barrio».
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal