Club FARO
Beiras Cal: «Dende 2014 levo a bandeira republicana na chaqueta»
O economista e avogado, colaborador de FARO DE VIGO, presentou o seu libro «Hay que destruir Cartago», que reúne máis de sesenta artigos publicados no suplemento Estela

De esquerda a dereita, María Lado, Antón Beiras Cal, Antonio García Teijeiro e Xabier Romero. / Alba Villar
«Dende 2014 levo levo a bandeira republicana na solapa das miñas claquetas porque pareceume unha sinvergüencería o que fixo o rei emérito». Así o manifestou onte en Club FARO o economista, avogado e colaborador de FARO DE VIGO Antón Beiras Cal durante a presentación dos eu libro «Hay que destruir a Cartago» (serie Luscofusco da editorial Elvira), un libro que reúne máis de sesenta artigos do autor publicados no suplemento dominical Estela. Beiras Cal fixo este comentario cando lle preguntaron sobre un dos seus artigos sobre a inviolabilidade do emérito, ao que lle presentou dúas querellas e do que dixo que non pode volver a España porque converteríase en contribuínte do Estado español, ademais de sinalar que constituíu unha fundación en Abu Dabi pondo ás súas fillas na directiva, o que pode ser un delito de branqueo de capitais.
O autor estivo acompañado na presentación por Xabier Romero (editor de la Editorial Elvira), Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 e colaborador do Faro), e María Lado (poeta, actriz e xestora cultural), quen lle fixo varias preguntas, mantendo unha conversa na que interviñeron tamén o resto dos presentes no escenario do salón de actos do Museo MARCO.
Xuntos repasaron algunhas das pezas periodísticas de opinión presentes no libro. Foi o caso un relato sobre o cineclub de Vigo, ao que adoitaban ir os xoves de noite os pais de Beiras Cal no cine Tamberlick e que estivo presidido por Fernando Alonso Amat. «Os cineclubs foron unha iniciativa cultural do Partido Comunista como forma de motivar un dinamismo cultural contra o franquismo», apuntou Beiras Cal, quen engadiu que «os comunistas botáronlle mil ovos», mentres que a socialdemocracia «desaparece cando chega a ditadura», pese a conseguir «artellar a nivel partido maquinarias electorais fabulosas», hoxe en día en horas baixas pola «contrarreforma» que estamos a vivir en Europa.
Falou tamén de Pablo Hasél, o rapeiro que leva cinco anos en cadea por un delito de inxurias á coroa que «non existe en ningún outro país do continente» . Explicou tamén, referíndose a Carles Puigdemont e aos independentistas cataláns procesados que «o delito de sedición é medieval» e que o expresidente da Generalitat está amparado polo principio da dobre imputación, que require para extraditar a un suposto delincuente que o delito exista no país que a solicita e o no que a ten que conceder.
Queixouse tamén da bis expansiva do dereito penal en España. «Aquí resólvese todo con querellas, e a conduta penada ten que ofender á sociedade no seu conxunto, non só á vítima, que tamén». Relacionou o índice de criminalidade, número de delitos por habitante, de España (un dos máis baixos de Europa xunto a Grecia, Portugal e Italia) co índice penitenciario (proporción de persoas encadeadas en relación coa poboación), que é dos máis altos de Europa xunto co Reino Unido, que ten un 45% máis de criminalidade que España. «Aquí temos máis delitos e se pena máis».
Sobre o tema de Palestina e a «licencia para matar de Netayanhu» preguntouse como é posible que os xudeus fagan cos palestinos o mesmo que fixeron con eles. «O dereito de Israel a defenderse é unha farsa», comentou aludindo a cita de Marx sobre que «a historia se repite; a primeira vez é traxedia, a segunda unha farsa». «É un asunto de exterminio, necesitan as terras».
Falou tamén o seu artigo dedicado ao poeta Carlos Oroza, ao que imaxinou como un poeta oral grego espido e cunha folla cubrindo as súas partes, con estatuas del por todo o Mediterráneo.

Beiras Cal: «Dende 2014 levo a bandeira republicana na chaqueta» / Alba Villar
O dereito de Israel a defenderse é unha farsa». O delito de sedición é medieval e o de inxurias á coroa, único
«Hai que destruir a Cartago é un imperativo»
O título do libro «Hay que destruir a Cartago», que se corresponde co título da sección de Beiras Cal no suplemento dominical Estela de FARO DE VIGO, ten a súa orixe en Catón O Vello, escritor, militar e senador romano que remataba as súas intervencións no Senado romano con esa frase. «En dereito se toma para designar a un imperativo categórico, eu o escollín para a iña sección para falar de cousas que e parecen perentorias», explicou Beiras Cal.
«Antón toma partido, non pasa nunca inadvertido cando fala nos seus artigos de temas fiscais, xurídicos ou de cuestións de actualidade», manifestou o editor Xabier Romero na súa presentación.
Antonio García Teijeiro valorou o libro de Beiras Cal como «un manual de pensamento crítico para enfrontarnos a unha época de clara decadencia moral». Destacou a súa «ollada de lucidez e mordacidade», desmontando feitos e opinións maioritarios,, onde «fainos ver as incongruencias» e introdúcenos nunha reflexión profunda dende o humor».
María Lado sinalou tres virtudes dos artigos de Beiras Cal: o pensamento crítico que hai detrás, o fundamento en datos obxectivos e a combinación do pedagóxico cunha escrita sinxela, condensada e con humor.
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Borja Iglesias: «Tras mi debut en el Mundial, Claudio me hizo llorar con su mensaje»
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña