Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Alberte Pagán Director de cinema galego e activista de Global Sumud

«Un compañeiro noso deuse conta aquí no médico de que tiña dúas costelas rotas; hai 67 persoas da Flotilla da Liberdade con ósos rotos»

«A solución é facer de Israel un paria como se fixo coa Sudáfrica do apartheid», defende o director de cinema que participou no Global Sumud e que proxecta esta semana en Dublín parte da súa filmografía

Ultima un filme sobre a anterior Flotilla da Liberdade e unha proxección especial polos 20 anos do documental «BS.AS.»

Alberte Pagán, na Coruña, no exterior da Domus.

Alberte Pagán, na Coruña, no exterior da Domus. / Mar Mato

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

O cineasta coruñés Alberte Pagán -considerado un dos pais do cinema experimental galego- está a ultimar o seu novo filme ao redor da actividade da anterior Flotilla da Liberdade. O vindeiro 26 de xuño, porén, visitará os cinemas Numax de Compostela para ás 19.50 horas proxectar "BS.AS." e manter despois un coloquio ao redor desta película documental. O fin do acto é celebrar os 20 anos desta obra coa que gañou o premio Román Gubern e que versa sobre a emigración galega a Bos Aires. Pagán, ademais, viaxa esta semana a Dublín para proxectar unha selección das súas obras. Faino sen descanso. Aínda se está a recuperar da malleira recibida por parte de membros do Exército de Israel. El foi un dos galegos que participaron na Freedom Flotilla.

-De volta na casa, que peticións quedan pendentes?

Na anterior Flotilla, a primeira parada fíxose en Túnez. Desta vez, unhas semanas antes de saír, un grupo saíu de Barcelona e foi alí para unha reunión internacional para preparar a última Flotilla. As autoridades tunecinas detiveron sete tunecinos da Global Summud con acusacións estrambóticas. Alí seguen retidos. Despois, tamén temos persoas desaparecidas. Sabemos que están detidas en Bengassi ao parecer. Temos que facer presión. Xa houbo algunha concentración diante do Ministerio de Exteriores en Madrid. Hai unha española entre eles. Eran dez persoas que querían tramitar uns permisos para unha caravana que quería chegar a Gaza. Foron negociar os permisos e xa non volveron. Temos información de que levan varios días de folga de fame e sede. A cónsul de Italia conseguiu contactar con eles.

Alberte Pagán, na Coruña, días atrás.

Alberte Pagán, na Coruña, días atrás. / Mar Mato

-Cal é o resultado da conta física que vostede obtivo tras participar na Flotilla días atrás?

Todos recibimos unha malleira. A estratexia da Flotilla foi dispersarnos o máximo posible de maneira que tardaran tempo en interceptar todos os barcos. O meu interceptárono a unhas 250 millas náuticas de Israel cando eles poñen o límite en 150. Estariamos baixando de Turquía, á altura da costa occidental de Chipre, en augas internacionais.

-Pero vostedes comezaron a recibir presión moito antes.

Si, a 600 millas náuticas (máis de mil quilómetros) de Gaza e o día 30 de abril sufrimos a primeira interceptación. Non contabamos con que fora tan cedo. Estabamos á altura de Creta, Grecia. Interceptaron 22 barcos e 180 persoas. Foron ao barco prisión e ao día seguinte soltáronas en Creta, coa complicidade do goberno grego sobreenténdese. As dúas persoas máis destacadas seguiron retidas dez días e foron moi torturadas, máis ca nós. Querían que a Flotilla non continuase. Fíxose unha asamblea e decidimos continuar porque os liberaran dous días antes.

-Como chegaron os militares israelíes ao seu barco?

Foi de día e iso foi unha novidade respecto ao ano pasado. Iso deunos máis tranquilidade porque, de noite, hai máis perigo de caer no mar. Tras dous días retidos no barco prisión a onde nos levaron, foron sacándonos un por un e levándonos a porto israelí. A medida que nos ían sacando, poñíannos contra a parede e dábannos unha malleira. Non sei con que me mallaban. Notaba golpes, aínda me doe o corpo. A medida que pasaban os días, empecei a coxear. Tiven que ir ao médico porque hai algunhas partes onde cada vez que doía máis. Entre dous tirábante ao chan para darche patadas ou co xeonllo. Iso foi no meu caso, eu fun afortunado. No primeiro barco, recibiron palizas maiores que lles deixaron ósos rotos nada máis subilos ao buque. Houbo xente coa que se cebaron máis. Non sabemos se é aleatorio ou se se debe a algo en concreto.

Alberte Pagán, na Domus, na Coruña.

Alberte Pagán, na Domus, na Coruña. / Mar Mato

-Houbo activistas que denunciaron agresións sexuais.

Si, xente denunciou casos de penetracións con obxectos tanto a homes como a mulleres, ademais de tocamentos que entran dentro do 'habitual' nas cadeas.

-Considera que, desta vez, dende o Exército de Israel pasaron unha liña demasiado vermella?

Iso de 'demasiado' gústame. As liñas vermellas xa as pasaron hai tempo. Eu creo que ese é un dos éxitos da Flotilla porque forza a Israel a dar pasos en falso. Xa o ano pasaron atacaron a Flotilla no Mediterráneo. Téñeno como o seu patio e campan ás súas anchas. Cometen actos de piratería a mil quilómetros de Palestina. Secuestraron 500 persoas. Ata Netanyahu dixo que non eran maneiras ao seu ministro (Itamar Ben Gvir, da carteira de Seguridad Nacional). Iso é moi significativo. Isto fai que a xente se saque o velo da cara e mire o que hai.

-Alén do que relata, hai 60.000 persoas palestinas asasinadas en Gaza, pero non pasa nada.

Non pasa nada porque Israel ten apoio e acordos económicos e militares con medio mundo. Os gobernos de medio mundo poñémolos nós. A solución sería facer de Israel un paria internacional como se fixo coa Sudáfrica do apartheid, apartalos de todos os acordos comerciais, militares, económicos, culturais e musicais do mundo para que se queden sós e se dean conta de que así non poden seguir. E logo habería que levalos aos tribunais.

-Antes da entrevista, comentara que un compañeiro seu decatouse na Galicia realmente das repercusións dos golpes.

-Si, un compañeiro noso decatouse aquí ao ir ao médico por unha dor que tiña dúas costelas rotas. Este rapaz tivemos un acto e non puido falar porque ao engancharse para coller unha botella no chan e xa non puido falar. No último cómputo, hai 67 persoas con ósos rotos. Israel compórtase cada vez de maneira máis violenta porque quere parar isto pero na anterior Flotilla eran 42 barcos e 2 galegos; desta eramos 78 barcos e sete galegos. Israel ve iso, que non o dá parado; cada vez hai máis xente e mesmo repite. A galega Sandra Garrido repetiu. Israel non comprende. Son xente normal que intenta chegar a Gaza. Compórtanse connosco como se foramos terroristas. A Flotilla é un elemento máis de mobilización. Agora imos iniciar un proceso de denuncia dos maltratos, secuestro, piratería e de deixar os barcos á deriva polo Mediterráneo. Iso incumpre todas as leis do mar. É unha batalla a longo prazo. O que pensamos é unha cousa: se isto nolo fan a nós, imaxinade o que lle fan aos palestinos.

-Por último, que traballo vai amosar en Dublín?

Son catro películas entre as que están «Elefante» e «Película urxente por Palestina». Esta última fíxena en Cisxordania no 2011 e tristemente está de actualidade; cambiou todo para peor. Tamén verán «Flora e fauna» que fixen en Australia e unha sobre o Prestige.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents