Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arte

Reencontro histórico entre as familias dos artistas que artellaron a primeira colección galega en serigrafía

A EMAO de Vigo acolle hoxe unha xuntanza entre parentes dos artistas plásticos que protagonizaron esta iniciativa pioneira en Galicia impulsada por Álvaro Álvarez Blázquez hai máis de medio século

Serigrafías expostas na mostra titulada «VigoMuras1971», celebrada o verán pasado no espazo expositivo do Legado Activo Beiras Cal (LABC).

Serigrafías expostas na mostra titulada «VigoMuras1971», celebrada o verán pasado no espazo expositivo do Legado Activo Beiras Cal (LABC). / LABC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Vigo

Hai máis de medio século, un proxecto pioneiro con 19 artistas foi impulsado dende Vigo polo serigrafista tudense Álvaro Álvarez Blázquez co obxectivo de democratizar a arte e a cultura en Galicia. Foi no ano 1971 cando o editor viu a necesidade de introducir a serigrafía como unha técnica máis de reprodución de arte e, malia que os talleres da empresa que Álvarez Blázquez fundara en Vigo se dedicaban daquela a traballos máis comerciais, xunto co pintor Virxilio Fernández convenceu aos principais artistas galegos do momento para levar a cabo nas instalacións de Serigrafía Gallega a produción de obra serigráfica a partir de orixinais para logo celebrar mostras colectivas, así como iniciar a súa distribución por galerías de arte.

A biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo será hoxe escenario, ás 19.00 horas, dun reencontro histórico entre as familias dos artistas que hai 55 anos artellaron o dito proxecto artístico pioneiro. Esta cita histórica, para a cal está confirmada a asistencia de integrantes da Fundación Xaime Quesada, Fundación Laxeiro, Fundación Luís Seoane e de parentes de Prego, Vidal Souto, Xulio Maside, Ventura Cores, Sevillano, Sexto Novás, Pedro R. Bofill, Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas, así como dos fillos de Álvaro Álvarez Blázquez, é posible grazas ao traballo do Legado Activo Beiras Cal (LABC), do cal saíu a colección que na actualidade se mostra na sala de exposicións da EMAO.

Baixo o título «Nesta casa hai un artista», as familias e fundacións relacionadas cos 19 artistas plásticos que participaron naquela primeira colección en serigrafía foron convocadas a un encontro con motivo da exposición e co obxectivo de achegar ao público a relevancia daquela iniciativa pioneira que no seu momento foi un rotundo éxito.

Serigrafía de Díaz Pardo.

Serigrafía de Díaz Pardo. / LABC

Xunto con Alba Pardo e Darío Basso, a secretaria do LABC, Carme Varela, integra o comisariado da «Mostra Serigrafía Galega 1971» que é posible visitar na escola viguesa, unha exposición que aproxima unha experiencia artística que marcou un fito en Galicia a tal punto que, na década dos 70, a colección de serigrafías traspasou as fronteiras da comunidade galega e percorreu toda España facendo gala da calidade e do talento dos artistas galegos do momento, unha nómina na que figuraban persoeiros como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Virxilio, Prego, Xosé Luís de Dios, Xaime Quessada, Antonio Quesada, Alberto Datas, Sevillano, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Vidal Souto, Rafael Alonso, Pedro R. Bofill, Xulio Maside, Agustín Pérez Bellas, Ventura Cores e Ignacio Sesto Novás.

Neste senso, Carme Varela explicara a FARO no seu día que «hai estudos que recollen que esta mostra foi a que máis vendas produciu nalgunhas das galerías de fóra de Galicia. En Oviedo, facendo balance, un historiador atopou que a mostra de Serigrafía Gallega foi a que maior éxito comercial tivo alí no ano 1971. Isto dá idea da importancia que tivo para asentar a serigrafía como técnica de reprodución de arte no contexto galego, pero tamén dá conta da importancia destes pintores no panorama español, que perfectamente podían competir con calquera outro artista».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents