Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Renovación editorial

Marcos Calveiro, novo director da Editorial Galaxia: «É unha honra e un orgullo pero recíboo con certa vertixe»

O escritor colle as rendas do histórico selo e recoñece que a IA e a disminución dos lectores en galegos son as principais «ameazas»

Marcos Calveiro, novo director xeral da editorial Galaxia

Alba Villar

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Mar Mato

Mar Mato

Vigo

A Editorial Galaxia conta con novo director xeral.O escritor e ata agora director de edicións, Marcos Calveiro, releva no cargo a Xosé Manuel Soutullo. Nunha conversa con FARO, sinalou: «Para min, é unha honra e un orgullo que pensasen en min. Son seis directores xerais ao longo de 75 anos con xente como Carlos Casares ou Paco del Riego, figuras da nosa cultura e das nosas letras. Recíboo con certa vertixe pola responsabilidade que supón. Galaxia é unha empresa editorial privada con consello de administración ante o que hai que responder».

Preguntado se lle agobia a dependencia da marcha das vendas de libros, indicou que «agobiaríame se fosen mal os números, se vendéramos poucos libros». Lembrou que, ademais de escritor, é avogado polo que está familiarizado cos balances dunha empresa.

Porén, matizou que alén das cifras, tamén teñen presente que «Galaxia é o gran repositorio da cultura galega. Temos que ser nós os que temos que afrontar ese labor de conservación e divulgación da nosa cultura e de autores clásicos e históricos que temos no catálogo».

Marcos Calveiro, no depósito de Galaxia en Vigo, tras coñecer que será o novo director xeral do selo.

Marcos Calveiro, no depósito de Galaxia en Vigo, tras coñecer que será o novo director xeral do selo. / Alba Villar

As dúas principais ameazas do sector

Preguntado polos principais medos e ameazas que enxerga de cara o futuro, indicou que «a IA é unha ameaza para todo o sector cultural e creativo. Fotógrafos, ilustradores xa están tendo graves problemas. Como cidadáns a nivel social tamén hai ameaza. Ademais somos unha editorial que publica en galego. Se cada vez hai menos lectores en galego, temos un problema. As vendas en galego representan menos do 7% nas librarías. Estas son as dúas grandes ameazas para sobrevivir».

En canto ás novas liñas que a el lle gustaría poñer en marcha, sinalou que «calquera director quere deixar o seu legado. O ano que vén, consensuado coas compañeiras, iremos facendo algún cambio. Hai que ter claro o legado pero tamén hai que traer novas autoras e autores así como liñas. En outono, estrearemos nova web para a renovación da imaxe da editorial. Algunha mudanza máis se unirá pero pouco a pouco».

En canto a saída abrupta de Francisco Castro –dimitiu no 2023 pola falta de resposta da editorial ante unha polémica pola denuncia pública do escritor Alberto Ramos polo trato persoal e económico recibido– Marcos Calveiro lembra que o viviu dun xeito «traumático como tamén o foi a morte de Casares para despois Víctor Freixanes asumiu o posto. Un director xeral é unha persoa cos seus sentimentos. En Galaxia, a sucesión sempre se dá con alguén da casa, alguén que leva traballando anos nela».

Vivir do libro en Galicia, cuestión difícil

Ante a cuestión da remuneración económica das editoriais ás escritoras e escritores na Galicia (algunhas láianse de que pola venda de cada volume reciben menos diñeiro que as librarías), Calveiro indicó que «se pretendes profesionalizarte vendendo só libros en galego é complicado. O mercado é o que é. Funciona así o mercado. Hai xente que publica en castelán e vende menos que en galego. Lembremos que hai unha porcentaxe de libros editados en castelán que venden cero exemplares».

Marcos Calveiro, no depósito de Galaxia en Vigo, tras coñecer que será o novo director xeral do selo.

Marcos Calveiro, no depósito de Galaxia en Vigo, tras coñecer que será o novo director xeral do selo. / Alba Villar

Engadiu que na cadea do libro «participan moitos axentes. Que a marxe do autor pase do 10% ao 12 ou ao 15%» pode afectar a outras persoas «que tamén teñen que cobrar polo seu traballo», en referencia isto último a outras partes que participan na elaboración e venda dun libro. «En toda a península Ibérica publícanse uns 80.000 títulos. É unha loucura. Para destacar aí e vender, é moi complicado», concluíu.

75 anos dunha editorial

Recoñeceu que os 75 anos de historia da editorial pesan non só nel senón en moitas persoas vencelladas á editorial. «Hai xente que considera Galaxia dela porque sempre foi un referente pero non deixa de ser unha empresa cos seus traballadores. Todos remamos a unha ao servizo dos fundadores», engadiu Calveiro.

Por iso, indicou que non se poden permitir o luxo «de perder nin un só lector». De aí que vexa necesario seguir apostando polos audiolibros, aposta na que se integraron hai un par de anos. Primeiro, con libros para o público infantil; despois, para adultos.

Unanimidade no seu nomeamento

Por parte de Galaxia, informaron de que o nomeamento de Calveiro (Vilargarcía de Arousa, 1968) como novo director xeral tomouse por unanimidade nunha reunión do Consello de Administración da editorial celebrada na tarde do 28 de maio. O autor formalizará a súa adopción do cargo o vindeiro 1 de xullo.

O ata agora director xeral, Xosé Manuel Soutullo, informou ao Consello de que quería cesar no cargo por vontade propia ao entender «que se cumpriran os obxectivos marcados cando o seu nomeamento», que se produciu trala dimisión de Francisco Castro.

Marcos Calveiro é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e no seu currículo suma diferentes galardóns como o Premio Ala Delta de Literatura Infantil, o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil, o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil, o Premio Narrativa Breve Repsol ou o Premio García Barros.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents