Cine
O vigués Guillermo de Oliveira logra o premio do público en Cans con "Cara de cona", unha comedia negra sobre o odio entre veciños nas aldeas
O filme está interpretado por Milo Taboada, Diego Anido e Nancho Novo que logrou o premio ao mellor actor no certame d´O Porriño
«A obra ten moita singularidade galega», destaca o realizador

Fotograma de "Cara de cona", de Guillermo de Oliveira. / G.O.

A comedia negra que bordaron Milo Taboada, Diego Anido e Nancho Novo en «Cara de cona», dirixida polo vigués Guillermo de Oliveira e que versa sobre o odio veciñal nunha aldea galega, fíxose co premio do público no Festival de Cans, segundo revelou hoxe o certame tras escrutar os votos da audiencia. Trátase dun dos galardóns máis queridos entre os cineastas participantes.
A curta preséntanos no arranque o personaxe de Moncho (Taboada), un veciño que vive feliz ata que un día todo cambia. No bar do seu pobo, na Ribeira Sacra en Lugo, aparece un home. Trátase dun forasteiro que queda a vivir na aldea. É o personaxe de Diego Anido que dá vida a Pablo Pardavila.
Pronto se establece unha dicotomía. Moncho é castelán falante mentres que Pablo fala en galego como o resto da xente na aldea. Moncho aparece sempre serio; Pablo caracterízase por sorrir e rir de continuo. Este último acaba por integrarse á perfección no lugar o que fai rabear ao lugareño.
Un personaxe que "amarga" a existencia na aldea
Para Moncho, o seu «mundo» está «en perigo» ante a chegada do visitante polo que comeza a nacer nel unha «antipatía instintiva» que lle «amarga» a existencia, segundo o mesmo personaxe confesa.
A medida que avanza a metraxe xorden máis elementos –entre eles, un de carácter medioambiental– que nutren o odio contra o forasteiro ata que experimenta unha «revelación». Para volver a ser feliz, o lugareño idea un plan para borrarlle o sorriso da boca ao novo veciño.
O resultado é unha comedia moi bruta que conecta co público dende o primeiro segundo. O filme lembrou as obras dos primeiros anos de Cans cando as comedias comandaban a grella pero sempre cun humor ácedo ou con crítica social.
«Un recordo» que quedará no director «para sempre»
O director, Guillermo de Oliveira, recoñece a FARO que recibir o premio do público «fíxome moita ilusión. Foi a primeira proxección da curta en Galicia. A obra ten moito da singularidade galega. Como fun ao festival, puiden ver a reacción da xente asistente. Puiden respirar como sentían a cada momento cos risos. Para min, é un recordo que quedará comigo para sempre; é unha das experiencias máis fermosas que tiven nunha sala. Ese riso desencadeado foi moi bonito».
O filme foi rodado en Pantón e Sober (Lugo) nas aldeas de A Barca, Frontón e Lordís. Contou cunha banda sonora a cargo de Zeltia Montes que foi gravada pola Budapest Art Orchestra inda que o tema final asínao Víctor Coyote, «100% animal».
Chiscadela ao Xabarín Club
Ao respecto, Oliveira lembra que é unha canción que lembra o Xabarín Club, o programa mítico da TVG orientado ao público máis noviño nos anos 90.
O cineasta agrace tamén que Nancho Novo lograra o premio á mellor actor no festival: «Cando lle escribín comentándolle que o gañara respondeume se estaba ‘de coña’. Ao ser un secundario, tiña dúas escenas, unha con moito peso dramático. Por iso, el non o esperaba. Foi un detalle moi bonito por parte do xurado, lembrar os personaxes secundarios que dan vida ás historias. Ese premio fíxollelle moita ilusión tamén porque é unha interpetación en galego, que non é tan habitual nel». De feito, o primeiro papel en galego que fixo foi para o filme «Antes de Nós», sobre Castelao.
A súa próxima película, un thriller rodado en Galicia
O cineasta xa prepara o thriller «A morte nos teus ollos», rodada en Galicia e que será a súa vindeira longametraxe. Está producida por Atresmedia Cine, Sideral e Sétima.
Por último, hai que destacar que máis de 12.000 persoas acudiron ao Festival de Cans na pasada fin de semana, o que refrenda un novo éxito da cita cultural.
Suscríbete para seguir leyendo
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Inundaciones, carreteras cortadas y desalojos tras una fortísima tormenta en la provincia de Ourense