Literatura
Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, Premios Xerais 2026
As obras cos títulos «A boca do río», «A banda da Albóndega» e «A lingua dos grifóns» resultaron gañadoras do XLIII Premio Xerais de Novela, o XLI Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

Alberto Lema, gañador do Premio Xerais de Novela. / Cedida
Os Premios Xerais 2026 xa teñen nome e apelidos. Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo son os tres autores que veñen de facerse cos galardóns este ano nas categorías do Premio Xerais de Novela, Premio Merlín de Literatura Infantil e no Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, respectivamente. Dotados cada un con 10.000 euros, os premios anuais de Edicións Xerais distinguen textos inéditos e orixinais escritos en lingua galega e, nesta ocasión, os distintos xurados decantáronse por escoller as obras «A boca do río», «A banda da Albóndega» e «A lingua dos grifóns» como vencedoras.
O escritor Alberto Lema, nado en Vimianzo en 1975, foi quen de acadar o XLIII Premio Xerais de Novela con «A boca do río», unha obra ambientada na Galicia de posguerra que sitúa a súa trama na contorna do encoro de Belesar, no sur da provincia de Lugo. Nesta novela, Lema afonda nas prácticas abusivas dos acólitos da ditadura, e amosa que o discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para levar a cabo inmensos negocios privados.
Segundo explicou o autor, «o libro ten un período de escrita duns catro anos, entre o 2022 e o 2026 e nace do meu contacto directo coa zona de Belesar e San Fiz, en Chantada, do interese pola figura do Piloto e polos procesos de desposuimento e extrativismo, como é o caso».
Lema é licenciado en Filoloxía Inglesa e trabajador da Real Academia Galega. Na súa bibliografía figuran novelas como Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009), Da máquina (2012) e Pazo de inverno (2021), ademais de varios poemarios.
Premios de literatura infantil e xuvenil
Xunto ao Premio de Novela, Xerais deu a coñecer este sábado os outros dous galardóns literarios. O Premio Merlín de Literatura Infantil recaeu en Ivana Gómez Abuín por «A banda da Albóndega», un debut literario que combina a emoción dos libros clásicos de misterio e aventuras cunha mirada fonda e agarimosa á memoria, á amizade e ao poder das historias. A novela constrúe un universo sensorial cheo de detalles —os cheiros da lonxa, as camisolas con mensaxe, os diálogos chispeantes— que sitúan o lector dentro da vila e fan que cada escena se sinta viva e próxima.
Así, a trama da obra distinguida polo xurado desta categoría transcorre en Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia do Lago Verde. Dentro agóchase un fragmento de cerámica azul cun símbolo misterioso. O que semella ser unha simple curiosidade convértese axiña na primeira pista dun enigma.
Natural de Lugo, Gómez Abuín é mestra de Primaria, membro de Gálix e divulgadora de literatura infantil, quen destacou que escribiu a historia galardoada «pensando naquela nena que medrou soñando con cuadrillas, mapas, pistas e peripecias de verán».
Por outra parte, Santiago Lopo, escritor, profesor e tradutor, sumou o Premio Jules Verne a unha traxectoria literaria na que xa figuraban o Premio Xerais de Novela de 2017 por «A arte de trobar». No caso de «A lingua dos grifóns», o autor vigués constrúe un mundo distópico «rico en detalles culturales, lingüísticos e históricos», no que desenvolve unha aventura «épica e vibrante», marcada pola maxia, a amizade e a resistencia.
Os libros gañadores da nova edición dun dos premios literarios máis prestixiosos de Galicia serán publicados ao longo deste ano por Xerais e o acto de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro 10 de outubro, nunha gala que acollerá o Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Fuente: El Correo Gallego
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de vecinos