Club FARO
Olaia Sendón: «As imaxes de José Suárez son un emblema da Galicia»
O autor suicidouse na Guarda no 1974 tras vivir no exilio

Olaia Sendón e Manuel Sendón onte no Club Faro para a presentación do libro «Tras da mirada de José Suárez». / José Lores

José Suárez é o fotógrafo protagonista do Día das Artes. Na mente, temos a súa imaxe Jaibota, a do neno que leva nun brazo a dorna de xoguete de idéntico nome, ou a dos mariñeiros coas redes nun contrapicado. A viguesa Olaia Sendón vén de publicar «Tras da mirada de José Suárez» (Galaxia), un libro que viaxa nos seus textos e ilustracións a través das imaxes do fotógrafo alaricano pero revisitadas. Sobre a obra do autor, a profesora e cineasta sinalou onte no Club FARO que esas imaxes «trascenden para converterse no emblema dunha época e dunha comunidade, iso significa que esa foto arrastra algo con ela».
Engadiu que «cando pensas nunha imaxe que represente a Galicia» pensas nas fotos de Suárez. «Jaivota é unha imaxe icónica. Se queremos explicar que é a fotografía galega, como se vivía na Galicia, como é a Galicia a día de hoxe non podes evitar pasar por estas fotos de José Suárez», recalcou.
Tamén sinalou que «esas imaxes explican como é ser galegos e ancóranos a un pasado en común». Para a escritora, cando isto acontece presenta un valor engadido alén da propia foto. «Máis alá de todo iso é unha icona e cando algo chega a ser unha icona fala máis que calquera outra cousa», concluíu.

Olaia Sendón. / José Lores
Olaia Sendón foi presentada por Manuel Sendón, fotógrafo e historiador da fotografía galega, ademais de seu pai. El engadiu que «normalmente as representacións fotográficas do mundo rural son feitas por urbanitas que miran coa cámara dende arriba [picado]. Iso é costumismo: nunca se profundiza senón que buscan nos estereotipos. Porén, as fotos de José Suárez como as dos mariñeiros, están feitas dende abaixo [a toma]. Os protagonistas eran mariñeiros, considerados naquel momento persoas non relevantes. El fotografíaos cunha toma dende abaixo que os dignifica. Dá unha visión épica da realidade».
Para Sendón pai, hai unha conexión co construtivismo soviético, fotógrafos que traballaban ao servizo da Revolución rusa e que empregaban tamén eses contrapicados para poñer en valor a figura do traballador.
Por iso, cando vemos estas fotografías sentímonos representados e obviemos os estereotipos do lobo de mar con engurras e a señora co pano negro», engade Manuel Sendón.
Potencia conceptual
«Esas fotos teñen unha potencia conceptual tan forte que atravesan o tempo e seguen sendo actuais a día de hoxe. O valor da obra de José Suárez na fotografía universal ten que ir acompañada do dato de que son imaxes representativas» de Galicia.
Olaia Sendón explicou que para o seu novo libro «fusilei as fotos de José Suárez e dialoguei con elas» tras convertelas en ilustracións. Nesta obra, ela encargouse delas así como do texto e da documentación.
Dun xeito moi conciso, vai narrando a vida de Suárez a través da súa obra revisitada con fragmentos propios pero tamén doutros autores como Unamuno. En todos eles, hai unha forte presenza poética.
Na obra, Olaia Sendón lévanos á Galicia dos anos 30 e á vida dos mariñeiros. Para ela, as imaxes de Suárez amosan o pasado ao tempo que presentan unha narrativa moi poderosa: «a épica do mar, a forza do océano, a miseria que aperta e a morte que rolda» coa «figura heroica» do mariñeiro no centro.
«Mariñeiros» foi unha das series fotográficas máis famosas de José Suárez quen realizou un documental do mesmo nome que non acabou polo golpe de estado franquista.
No resto das páxinas, vainos contando a vida del no exilio a través das súas imaxes ata que regresa a Galicia onde se suicida nun hotel da Guarda no ano 1974.
Olaia Sendón aproveitou para subliñar que nos últimos anos centrou a súa arte na literatura en lugar dos documentais porque «o mundo audiovisual é case incompatible coa vida doméstica (...) Lograr facer as miñas creacións implica irme da casa» a espazos onde traballar soa sen a presión dos fillos.
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
- Luz verde al inicio de la revolución para la Praza de España de Vigo: el Concello aprueba la primera licencia del ámbito
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- El emotivo homenaje de la hija de Toño Castro a su padre, el central del Compos que sigue vivo en la memoria
- El Celta Fortuna jugará la final por el ascenso