Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

O maior estudio de produción virtual de España acolle a proposta do dúo vigués MIL111 como colofón do ciclo (IN)VISUAL

Os artistas visuais Iria del Bosque e Borja Bernárdez pechan este sábado coa proposta «Sin título 0.1» o novidoso ciclo de música audiovisual e novas prácticas dixitais contemporáneas impulsado pola Deputación da Coruña, unha iniciativa celebrada na Cidade das TIC

Os artistas visuais Iria del Bosque e Borja Bernárdez.

Os artistas visuais Iria del Bosque e Borja Bernárdez. / MIL111

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carolina Sertal

Carolina Sertal

Vigo

«Gústanos que as nosas obras teñan unha base teórica contundente e normalmente empregamos teorías, hipóteses, que camiñan no mundo da psicoloxía, da física, da filosofía e da mística. Na proposta deseñada exclusivamente para (IN)VISUAL é a primeira vez que o proceso creativo é totalmente distinto, porque en vez de basearnos no principio dunha teoría a única premisa que tiñamos era enfrontar ao espectador a un espello metafórico, que neste caso é a pantalla. Preguntámonos en que nos baseabamos para manter un diálogo con nós mesmos e ambos respondimos que nunha experiencia de meditación, polo que a idea da nosa proposta é poder evocar esa experiencia meditativa, toda esa simboloxía, para que o espectador lle dea a explicación que queira, unha viaxe de preto de 45 minutos na que imos atopar caos, limitacións, pensamentos recorrentes, voces interiores non sempre agradables, ata chegar a ese momento de culminación de atopar a calma, rematar e iniciar ese diálogo fronte ao espello, á persoa do lado, etc».

En palabras da artista visual Iria del Bosque, esta é a proposta coa que o dúo vigués MIL111, integrado por ela e Borja Bernárdez, pechará este sábado sobre as 20.00 horas o ciclo de música audiovisual e novas prácticas dixitais contemporáneas (IN)VISUAL, unha aposta moi novidosa en Galicia impulsada pola Deputación da Coruña, no marco do CEI Lab, unha iniciativa promovida polo Departamento de Desenvolvemento e Transición Ecolóxica desta institución provincial orientada ao impulso de proxectos emprendedores de base dixital e tecnolóxica co obxectivo de contribuír á vertebración territorial da provincia mediante a innovación e o desenvolvemento sostible.

Presentar «Sin título 0.1» no maior estudio de produción virtual de España, na Cidade das TIC (A Coruña), é para o dúo vigués unha oportunidade «moi interesante», posto que Borja Bernárdez afirma que «dentro do marco que é Galicia esta iniciativa é bastante especial, en primeiro lugar, polo espazo, porque é un avance moi importante dentro da tecnoloxía dixital e no eido audiovisual poder dispoñer destas instalacións. Nós pecharemos o ciclo e, sendo galegos e tendo o noso estudio en Galicia, dentro do programa somos os únicos que estamos producindo dende aquí, polo que para nós é moi importante». Pola súa banda, Iria del Bosque comentou que «estamos moi orgullosos, contentos e agradecidos por que conten con nós e tamén porque imos poder empregar unhas dimensións moi potentes, é unha pantalla moi especial».

Sobre (IN)VISUAL, que na súa primeira edición tamén contou con outras figuras destacadas da creación de vangarda como MAOTIK, Marta Verde & José Venditti e Estela Oliva & Ana Quiroga, Borja Bernárdez destacou que «a pesar de que en España hai distintos centros para ver estas experiencias dixitais, o certo é que son minoritarias e sempre están enmarcadas dentro de festivais e de música electrónica, polo que a proposta é bastante novidosa e agardamos que Galicia poida ser referente neste senso para o resto de España. A nivel expositivo, aínda queda camiño que percorrer porque hai poucos espazos, xa que a nivel produción, aínda que sexa dixital, require moitos medios, e non todos os centros teñen capacidade de producir este tipo de pezas».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents