Celebración
Galicia honra a viguesa Begoña Caamaño na fin de semana das Letras Galegas

Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas, no Parque de Bonaval, Santiago. / Sonia Díaz

A celebración das Letras Galegas afronta a súa fin de semana máis intensa coa ollada posta no domingo, a xornada central organizada pola Real Academia Galega (GAL). Porén ao longo do país, diversas iniciativas honrarán a viguesa Begoña Caamaño así como a literatura de noso e a lingua. A continuación, unha escolla de varios actos aos que se engaden os previstos ao longo dos concellos da xeografía galega.
Concerto das Letras Galegas
O Auditorio Mar de Vigo, na cidade olívica, será hoxe o escenario do concerto das Letras Galegas que organiza o Consello da Cultura Galega co apoio do Concello de Vigo en recordo da homenaxeada polo Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño. Máis dunha ducia de artistas van acompañar Uxía sobre as táboas. Entre elas, Wöyza, Su Garrido Pombo, Raquel Domínguez, Quim Fariña, As Mosas, Malvela, Margarida Mariño e as nenas do CEIP de Petelos (Alba Alonso, Alba Lago, Adela, Ariana, Martina e Carla). A cita é a partir das 20.30 horas e a entrada é libre ata esgotar as butacas. Uxía era amiga de Caamaño e elixiu un repertorio que lembra a súa figura, a súa obra e os seus gustos musicais. Haberá sonoridades galegas peros tamén doutras latitudes como a brasileña.
Pleno da RAG
O pleno extraordinario da Real Academia Galega (RAG) polo Día das Letras Galegas celébrase en Compostela. Será mañá domingo a partir das 12.00 horas no Teatro Principal. Calquera persoa pode acudir. No evento, intervirán o presidente da Academia, Henrique Monteagudo; e os académicos Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes. A música corresponderalle a Sofía Espiñeira. Quen non poida asistir, poderá seguilo pola canle do YouTube da RAG.

Begoña Caamaño presentando obra nunha feira do libro. / Cedidas pola RAG
Mercado da arte no calvario
Como xa vén sendo habitual polo 17 de maio nos últimos dez anos, o Mercado de Abastos do Calvario de Vigo –onde traballou a avoa de Begoña Caamaño xa que tiña un posto de venda de telas nel– acolle unha xornada especial de 11.00 a 20.00 horas. Máis de 80 expositores amosarán as súas obras de arte e literarias (acudirán varias editoriais), así como de moda. Ademais a Adega Celme, do Ribeiro, estará presente. Está organizado por No todo el pescado está vendido.
Acto en Vigo
A Praza da Porta do Sol na cidade olívica, urbe onde naceu Begoña Caamaño, acollerá mañá domingo a partir das 12.00 horas a lectura do Bando das Letras Galegas. A persoa encargada da mesma será Anxo Pintos, director da ETRAD. Despois, diversas persoas lerán textos de Caamaño. Por último, sonará a música da Orquestra de Folk galega. No caso de que chovese, trasládase ao Marco.
Manifestación
A plataforma Queremos Galego –xunto con centrais sindicais e diversas entidades– convoca unha manifestación polas Letras Galegas na defensa do idioma. Lembran que no 2010 Begoña Caamaño denunciara expresións como «bilingüismo harmónico» que calificou como «unha falacia, unha completa mentira». Respecto do decreto do plurilingüismo indicaba: «Van asinar non a defunción senón a execución do galego». A mobilización parte ás 12.00 dende Alameda de Compostela.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Irlanda certifica que los parques eólicos pueden «convivir» con nasas o palangre pero lo descarta con redes de arrastre
- Radiografía de los centros comerciales de Vigo: entre la plena ocupación y la reinvención para buscar un punto de inflexión
- Un juez de Vigo da la razón a una vecina y anula una sanción por cambio de uso de trastero a vivienda sin licencia