Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras Galegas: Voces da sororidade en Vigo para homenaxear a escritora e xornalista Begoña Caamaño

Uxía reuniu no Auditorio do Mar de Vigo máis dunha ducia de artistas nunha homenaxe do Consello da Cultura Galega a escritora viguesa e ao seu universo literario

O Mar de Vigo acolleu o Concerto das Letras Galegas para homenaxear Begoña Caamaño

Alba Villar

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Auditorio Mar de Vigo converteuse o sábado pola noite nun espazo de memoria, música e reivindicación arredor da figura de Begoña Caamaño. A 16ª edición do Concerto das Letras Galegas, organizada polo Consello da Cultura Galega co apoio do Concello de Vigo, rendeu homenaxe á escritora viguesa cunha proposta conducida por Uxía e marcada pola sororidade.

Na apertura, a secretaria do CCG, Paula Cabaleiro, lembrou que a cita celebraba a vida e a obra de Caamaño, pero tamén a de “todas as mulleres indómitas” que abriron camiños, resistiron e decidiron o seu propio destino.

No auditorio estiveron a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; familiares da autora e unha ampla representación cultural e institucional.

Durante 75 minutos, o concerto percorreu o universo literario de Caamaño: Morgana, Circe, Penélope, o mar, as amigas e as mulleres rebeldes. Uxía interpretou temas como “Fada Morgana”, “Vivo no mar” ou “Meniño do Bairro Negro”, acompañada por Quim Fariña, Su Garrido Pombo, Margarida Mariño, Wöyza, As Mosas, Malvela e nenas do CEIP de Petelos.

A cita funcionou así como unha ponte entre xeracións, linguaxes e sensibilidades: da tradición oral de Malvela ás voces infantís do CEIP de Petelos, pasando pola forza contemporánea de Wöyza e pola interpretación íntima de Uxía, nunha celebración da lingua galega como espazo vivo, compartido e en permanente creación.A homenaxe pechouse coa interpretación do himno galego.

Tracking Pixel Contents