Día das Letras Galegas
Quen era Begoña Caamaño? Dez entrevistas feitas por alumnado de ESO e Bacharelato ás súas amizades afondan na vida e na traxectoria da autora nun libro
O IES Plurilingüe Rosalía de Castro publica conversas coa súa irmá Beatriz, con Faia, con Ana Romaní ou Goretti Sanmartín no volume "Begoña Caamaño. Embegoñármonos... con dez conversas"

Acto de presentación da obra colectiva do IES Rosalía de Castro o pasado 18 de abril na Xornada do Día das Letras Galegas. / Arquivo embegoñármonos

Dez alumnos e alumnas, dez conversas con amizades de Begoña Caamaño, e ducias de segredos por descubrir da homenaxeada das Letras Galegas agora que se achega o día grande da súa celebración. Un grupo de estudiantes de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, en Santiago, contribúe dende esta semana á bibliografía que se fai eco da traxectoria da protagonista do día grande das letras galegas cunha publicación, «Begoña Caamaño: Embegoñármonos… con dez conversas», nas que xuntan outras tantas entrevistas con amizades e persoas da familia da escritora e xornalista reivindicada pola Real Academia Galega neste 2026.
E o volume, editado co apoio da Xunta, vén cun extra especial, unha «banda sonora de afectos»: dedicatorias de cancións de persoas amigas e seareiras a Begoña Caamaño. En total, 36 temas aos que se pode acceder dende un QR e que inclúen as suxestións de María Xosé Queizán, Pilar García Negro, Tareixa Navaza, Guadi Galego ou Susana Aríns.
Marga Romero, docente do centro, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística e escritor
a, presenta a obra no limiar coma un «convite especial» a mergullarse no universo de Begoña Caamaño e facelo a través do reto que supuxo para a rapazada do centro de exercer de xornalistas, coma a homanexeada, para «investigar a traxectoria vital» da autora.
Exercendo de xornalistas
Así, grazas a Daniela González Fernández, de 4º da ESO, e da súa conversa con Beatriz Caamaño, a irmá de Begoña, é posible saber que lle gustaba comer, que facía ao chegar do cole ou a afección que sentía a autora de «Morgana en Esmelle» pola literatura nos seus anos da infancia. E xa vos adianto que non eran «en absoluto» libros para crianzas os que alimentaban o seu pracer pola lectura.
Outra rapaza, Adara Soto Vidal, tamén de 4º da ESO, fala con outra Beatriz, neste caso Maceda, unha das biógrafas da escritora viguesa, e descobre as complexidades do que supón artellar unha vida a través das palabra. Unha pista: non falta unha reflexión sobre o activismo da protagonista.
Alexandre Baamonde Rodríguez, outro alumno de 4º, céntrase en Manuel Veiga, amigo de Caamaño, e tamén escritor e xornalista, coma ela. A conversa céntrase en debullar esta última faceta dela.
Pero a través do libro, co agradecemento dos docentes e do alumnado do centro implicados no proxecto como «Equipo de Embegoñadas» aos persoeiros que se prestaron a colaborar, achegan o seu coñecemento e o seu agarimo pola viguesa Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago; Uxía (da que se inclúe unha misiva que lle enviou a escritora), Ana Romaní, Faia, Milucho Romero, Chus Nogueira ou Ánxela Lema.
Ademais, o volume recolle ilustracións feitas polo alumnado de ESO e Bacharelato da autora.
Suscríbete para seguir leyendo
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- El ex copropietario de Hiperxel Eusebio Novas, a prisión: «Se le deniega el beneficio de la suspensión por su peligrosidad criminal»
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»