Arquitectura
Tres proxectos arquitectónicos galegos sitúanse entre os 25 mellores de España, entre eles a reforma dunha casa de dous metros de ancho
Trátase da rehabilitación dunha vivenda en Compostela, do Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira en Ourense e dunha investigación sobre o territorio atlántico

Casa 2M e medio, en Santiago, é unha das mellores iniciativas arquitectónicas en España do ano. / Dosesmas

O estudio arquitectónico Dosesmas Arquitectos topouse cun reto: rehabilitar unha das casas máis estreitas do Casco Vello de Compostela. A vivenda mide só 1,95 metros de ancho nun extremo e 2,5 metros no outro. En total, son 28 metros cadrados útiles por cada unha das catro plantas. A súa intervención no predio está considerada xa unha das mellores do ano en España e opta a premio.
Cada ano, o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) elixe as mellores propostas arquitectónicas. Nesta edición, seleccionou 25 finalistas que aspiran aos Premios Arquitectura 2026. Entre elas, atopamos a intervención na estreita casa de Santiago e dúas propostas galegas máis.
Ademais da rehabilitación a estreita vivenda na capital galega; outra iniciativa galega aspirante a distincié é o ensaio «Lectura dun territorio atlántico en Galicia» e a terceira iniciativa finalista é o Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira (Ourense), segundo vén de informar o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG).

Interior da casa en Compostela que opta a premio. / Estudio Dosesmas
Rehabilitación en Compostela
A reforma que realizou o estudio Dosesmas Arquitectos, en Santiago, tiña que considerar diversas cuestións. A principal é que non podía rehabilitar como lles petara. A casa está catalogada polo Plan Especial de Protección y Rehabilitación de la Ciudad Histórica, o que se traduce nunhas normas rigurosas para respectar os elementos construtivos e patrimoniais protexidos. Entre estes, chemineas, gárgolas, balcóns, solados de pedra...
O fin era conservar e revelar a memoria construtiva do edificio pero aseguralo para prolongar a súa vida. Os arquitectos apostaron tamén por introducir elementos contemporáneos. Un engado foi aproveitar a luz natural proxectada sobre as escaleiras e respectar o contexto urbano no que sitúa, xunto ao casco histórico compostelán, na rúa Algalia.

Interior da vivenda en Compostela. / Dosesmas
Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira
Outro proxecto arquitectónico galego entre os mellores do ano é o Plan Básico Municipal do Concello de Porqueira (Ourense). O planeamento deste municipio rural incorpora un cartografiado «sensible do medio rural no que prestaron atención ao detalle dos espazos historicamente transformados pola man do home», sinalan dende o Colexio de Arquitectos de Galicia.
Por último, tamén opta a premio «Lectura dun territorio atlántico en Galicia», de Elisa Gallego Picard. Nel, recolle que crise do clima e do mercado aceleran patróns de carácter global que inciden no rural: cada vez hai máis monocultivos, cada vez as corporacións extractivas ocupan espazos vulnerables, cada vez hai máis abandono da actividade agrícola.

Plan Basico Municipal Concello Porqueira. / CoAG
Elixidos entre 209 iniciativas
Estas tres iniciativas, ellixidas por un xurado de recoñecido prestixio, son candidatas a seis galardóns baseados nos valores: Premio Sustentabilidade e Saúde, Premio Nova Bauhaus, Premio Hábitat, Premio Rehabilitación, Premio Profesión, Premmio de Arquitectura Española, Premio de Urbanismo Español e Premio á Permanencia. Nunha gala o 9 de xuño, saberemos se ao fin as propostas galegas reciben algunha distinción. Foron seleccionadas como finalistas entre 209 iniciativas dunha fase anterior.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- Los restos hallados en Carral y Laxe confirman la huella de la muralla y del Vigo que creció sobre ella
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Davila 14/06/2026
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedar dormida al volante
- El viaje más dulce de Esther: de Ourense a los Andes para asesorar a apicultoras del Cusco peruano