Escola en Camiño
Ideas escolares con premio para o Camiño de Santiago: dende un parchís a un conto de terror
A imaxinación dos estudantes no concurso de FARO abrangueu textos de aventuras a ilustracións curiosas como a dunha consola coas diferentes etapas da ruta xacobea

Alumnado do CEIP Igrexa Chapela e do IES Rafael Dieste, con Carlos Botana, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo; Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo ee Irene Bascoy, subdirectora de FARO. / Marta G. Brea

A arte do alumnado galego dende primeiro de Primaria ata o Bacharelato quedou patente onte en Vigo na entrega dos V Premios Escola en Camiño de FARO DE VIGO, El Correo Gallego e La Opinión de A Coruña. Debuxos que cun parchís fan referencia ao percorrido da ruta xacobea, narracións do que supón seguir a vía xubilea ou contos mesmo de terror protagonizados por peregrinos foron algúns dos proxectos premiados.
Entre os máis cativos que participaron neste certame artístico ao redor do Camiño de Santiago, atopámonos con Lola Sebastián Díaz e Eneko Gómez Rodríguez. Os dous, de primeiro de Primaria do Colexio Plurilingüe Hermanos Quiroga de O Porriño. Lola debuxou a súa familia de visita en Compostela tras facer o Camiño de Santiago, incluída a súa cadeliña Xouba. Eneko optou por un barco, como outra das maneiras de chegar á capital galega pola ría de Arousa. Para eles, o que máis lles gustou foi «debuxar», segundo sinalaron a FARO pouco antes de recolleren o seu galardón.

Pedro Fernández
Tamén de Primaria, pero de sexto, levaron premio Nico Moreno e Ainara Abril, entre outros compañeiros de aula do Colexio Plurilingüe Igrexa de Chapela. «Na nosa clase, fixemos todos o traballo. Contamos como saímos de peregrinación do colexio a Santiago en diferentes etapas. Na primeira historia, escribimos un conto da Santa Compaña. Na terceira, falamos da Coca», sinalan os dous creadores.
O Colexio Plurilingüe As Gándaras-Sofán, de Carballo (A Coruña) tampouco quixo perderse a entrega de premios. Onte tiveron que saír da vila ás oito da mañá, madrugando máis do habitual, para chegaren a tempo a Vigo. Lucía Vieites, de 12 anos e que cursa sexto de Primaria, recolleu o seu galardón por un debuxo no que amosou «unha consola completando niveis do Camiño» elaborado con rotuladores e ceras».
Pola súa parte, Nerea Mauricio, Aynara González, Rebeca Arestiño, Sabela Gómez Comesaña, Victoria Méndez, Nadia Gómez Fernández e Martina Iglesias Estévez, de primeiro da ESO de Escola Proval de Nigrán, presentaron distintas ilustracións unidas. Unha das artistas explicou que «fixemos un debuxo que representaba o esforzo de facer o Camiño de Santiago con todos os obstáculos que hai». O traballo foi conxunto.

Alumnado do IES Escolas Proval de Nigrán, do IES Frei Martín Sarmiento e do IES Manuel Murguía, con conselleiro de Educación e Juan Carlos Dasilva, de Prensa Ibérica. / Marta G. Brea
Un parchís, para a idea do Camiño
Unha das aportacións destas mozas foi un parchís que presenta as diferentes etapas do Camiño de Santiago nas casillas ata chegar á Catedral. Outra ilustración consistiu nunha bola na que se atopa o templo relixioso do Obradoiro para indicar que a ruta xacobea é o futuro e que os obstáculos poden aparecer na vía en calquera momento.
A Catedral tamén se observa no traballo de Miranda Giráldez, de primeiro da ESO do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. «Quería amosar un atardecer, cando os peregrinos chegan á Catedral de Santiago á última hora do día. No ceo, fixen un degradado de cores e o resto era negro. Utilicei lápices de cores, acuarela e para o ceo botei auga para degradalo. Despois, coloquei estrelas. Gañei outros premios no colexio pero este é o máis importante. Gustoume moito gañar este», engade.
A expresión artística fóra da aula
Por outra parte, a profesora de Plástica Débora Fresno louvou a iniciativa do concurso escolar xa que ademais de traballar a nivel creativo tamén afondaron nos coñecementos ao redor do Camiño de Santiago. « Para min, é importante o concurso porque lles permite ter acceso á expresión artística cun proxecto de fóra da aula», sinalou a docente.
A súa alumna, Uxía Vila, de terceiro da ESO, gañou un dos premios cun debuxo de acuarela que partiu dun dos paos de peregrina da súa avoa. «Tiña a cuncha colgando e lembrei que pasara por un lugar con pedras amontoadas de cores sobre unha pedra», detalla esta moza que soña con estudar Belas Artes: «É o que quero facer desde pequeniña. Debuxar paréceme unha arte maior. Gústame moito».

Dilainy Tejeda (2d), de cuarto da ESO no IES Rafael Dieste de A Coruña e o seu profesor David Jiménez, onte en Vigo, co conselleiro de Educación e Juan Carlos Da Silva, de Prensa Ibérica. / Marta G. Brea
Dilainy Tejeda, en 4º de la ESO, del IES Rafael Dieste en A Coruña, inspirouse nunha foto que vira de xente no Camiño indo para a Catedral. «Empreguei o grafito xa que quería aprender novas técnicas», engadiu a alumna. O seu profesor, Iván Jiménez, defendeu que «a actividade artística non se quede só nas aulas, senón que saia fóra. Os premios valídanos nas súas expectativas artísticas. Dilainy ten moitas capacidades artísticas. Cando dixemos na aula que gañara, aplaudírona. Para ela, é un orgullo lograr unha distinción de «Escola en Camiño». O ano anterior participara pero non lograra galardón. «Fágoo por divertirme, por ensinar a miña arte».
Lucía Rodríguez, do IES Rafael Dieste, primeiro de Bacharelato, realizou un relato sobre o Camiño. Na súa obra, o punto de partida é un grupo de amigos que queren vivir aventuras facendo a ruta xacobea. «Este premio é algo moi especial, un recoñecemento ao meu esforzo», engade. O seu compañeiro de centro Fabián Fernández, de primeiro de Bacharelato, optou por un relato de terror. «Uns amigos acampan nun bosque; un sepárase e ráptanno», conclúe o mozo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo