Música
Un compositor de Mos estrea en Vigo coa Sinfónica de Galicia a súa obra premiada en Corea do Sur hai 13 anos
A orquestra interpreta no Teatro Afundación de Vigo a Wagner e unha peza do compositor Jacobo Gaspar

Jacobo Gaspar, compositor de Mos, cunha obra que interpretará a Sinfónica de Galicia. / J.G.

No ano 2013, o compositor de Mos Jacobo Gaspar gañaba coa obra «Ars Umbrae» o premio Isang Yun International Composition Prize, celebrado en Seúl, Corea do Sur. Tivo que agardar o galego 13 anos para poder escoitala e estreala en España. Hoxe a Orquestra Sinfónica de Galicia vaina interpretar no Teatro Afundación de Vigo xunto a pezas de Richard Wagner ou Wolfgang Rihm.
«O Isang Yun é un concurso de composición bastante importante. Á miña obra déronlle o premio especial aí e alí tivo a súa estrea internacional. Ata agora, non se presentara en España», comenta de xeito neutro o compositor mosense.
Respecto ao que procuraba transmitir co título, indicou onte a FARO que fai referencia a determinadas imaxes sonoras que relaciona coa sombra. «Unha forma de trasladar a sombra ao son é co eco distorsionado. É unha imaxe que me gusta moito. Outra idea é a sombra que fai referencia ao escuro. Temos tamén aí sonoridades distorsionadas», sinala o creador musical galego.
Xa no plano metafísico, engade que «a sombra como fenómeno audiovisual paréceme moi atractivo. Se o pasamos á música serve para explicar moitas metáforas. Abre a porta a moitas sonoridades. pero por outra parte, a época na que fixen o tema era unha época bastante sombría, de crise [económica, lembremos a depresión pola burbulla inmobiliaria e os ataques ao Estado de Benestar en moitos países, entre eles, España]. Esas sombras creceron nestes 13 anos; non foron a menos».

Jacobo Gaspar, compositor. / J.G.
Recoñece que «agora vivo con ilusión que se estrea a obra aquí. Xa sabemos que a figura do compositor non ten a trascendencia pública que non teñen outras ramas artísticas. Iso fai que se produzan situacións deste tipo», tardar tanto en estrear unha obra premiada dun compositor de noso.
En canto a que a interprete a Orquestra Sinfónica, faime moita «ilusión. É unha formación cuxa calidade a sitúa entre as mellores de España. Os ensaios están sendo unha experiencia moi enriquecedora».
Jacobo Gaspar –que se formou no Conservatorio Superior de Vigo, entre outros centros– aproveita para expresar un desexo: «Oxalá esta obra non tarde outros 13 anos en ser tocada unha nova vez».
Gaspar recordou que empezou «moi de pequeno» a estudar música na Banda de Torroso.
Ademais da peza do compositor de Mos, o público poderá escoitar fragmentos de óperas de Richard Wagner («Liebestod») así como de Wolfgang Righm («Danza negra e vermella Tutuguri»). O valencián Josep Planells encargarase da batuta.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho