Música
A apoteose aplaude a nova xira de Fillas de Cassandra con Caamaño&Ameixeiras, Abraham Cupeiro ou a Agrupación Musical do Rosal
O dúo vigués actuará a finais de mes en Praga dentro do tour do seu novo disco, «Tertúlia»
En novembro, actuará en La Riviera, en Madrid, «un salto cualitativo para a música en galego», sinala a súa oficina

Mar Mato

A escea musical galega conta nestes momentos con representantes de altura que converten os seus concertos en espectáculos audiovisuais impensables décadas atrás. Nese panteón do mellor, sitúase o dúo Fillas de Cassandra que o pasado sábado iniciaron a súa nova xira no Recinto Feiral de Pontevedra. Se hai unha verba para definir o show de hora e cuarto de duración que ofreceron esa é apoteose ante dúas mil persoas. O tour proseguirá e a finais deste mes recalarán en Praga, capital da República Checa.
Ao redor das 22.00 horas da noite do sábado, inda seguía a entrar xente no recinto de forma ordenada. Dentro, atopábanse os fans –había dende cativada ata adultos de máis de 50– a instalación coas cadeiras deseñadas por As dúas e punto, que xa se viran na Fundación Granell de Compostela.
A carón, un photocall con múltiples cadeiras brancas de plástico con dous carteis cos que posar e nos que se lía «Veña vente que hai tertúlia» e «bla bla bla».

Fillas de Cassandra en Pontevedra. / Candela Lora
Nesta xira de «Tertúlia», María SOA e Sara Faro ofreceron no espazo do concerto cadeiras e mesas na parte máis alonxada ao escenario para animar á xente a parolar, o que foi agradecido pola audiencia que ou ben conversou ou ben disfrutou nelas da pizza ou bebida á venda no espazo.
Pasaba das 22.15 horas cando a voz en off das artistas se escoitou para apareceren elas no palco a interpretar, con coreografía minimalista, «Saír á fresca», a canción que abre o disco e que o público cantaruxou con fervor.
Pouco a pouco foron presentando os temas do novo álbum no que o convite a relacionarse coa xente falando é o eixo pero tamén o desamor. «Quen non perdeu un amor por aí?», preguntou no concerto Sara Faro.

Fillas de Cassandra, nun momento da actuación. / Mar M.
Un momento especial foi cando cantaron con Ede «Déixate ver» ou cando apareceu Abraham Cupeiro no medio do público achegándose ao escenario co carnix celta.
Xusto o sábado Cupeiro actuara no 25 aniversario de Sondeseu en Vigo pero quixo apoiar a Fillas na apertura do tour. Tamén acudiron o vasco Zetak ou Pipiolas, parte de Çantamarta (un non puido acudir por estar lesionado) e a Agrupación Musical do Rosal.
Actuación redondísima con Caamaño&Ameixeiras
Alén do momento con Cupeiro outro realmente álxido foi cando coincidiron con Caamaño & Ameixeiras para interpretar un memorable «Arderse», do anterior EP.
Todos estes artistas non volverán a coincidir xuntos con Fillas de Cassandra no resto da xira. Tratouse dun concerto único cunha escenografía poética na que as cadeiras e portas foron mudando de significado ao longo do directo. A música e as voces de todas fiaron un concerto bálsamo para os corazóns.

Fillas de Cassandra, con Abraham Cupeiro en Pontevedra. / Candela Lora
Aínda de resaca polo concertazo do sábado, Fillas de Cassandra anuncia agora que ademais de Praga, outras cidades recibirán o seu espectáculo en Sabadell, Xixón, Mozambique, Portugal, Xaén e Madrid. Nesta última, actuarán nun 'templo', a sala La Riviera. A data para está reservouse para o 6 de novembro e as entradas vanas poñer á venda este xoves 14 a partir das 12.00 horas.
Cuncas especiais cunha cadeira de logotipo e unha baralla
Se no musical impactaron na apertura da xira, tamén abraiaron co merchandising. Ademais das camisolas e suoiros, puxeron á venda unha baralla de cartas especiais inspiradas na «Tertúlia» e unhas cuncas de edición especial cun deseño con tapiña de madeira e o debuxo dunha cadeira, o símbolo do novo disco.
Un acerto foi que no anterior EP, «Hibernarse», ao mercar o vinilo transparente recibías no seu interior un libreto. Dentro del, un billete dourado que che pedía que o conservases «para o futuro». Ese futuro é o agora xa que o sábado, por exemplo, se traduciu nun desconto importante na adquisición de cousiñas do posto de merchandising.

A cunca de "Tertúlia", de Fillas de Cassandra, co vinilo do último traballo en branco de fondo. / Mar Mato
Suscríbete para seguir leyendo
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Inundaciones, carreteras cortadas y desalojos tras una fortísima tormenta en la provincia de Ourense