Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Premios Follas Novas

Coñece aos gañadores e gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2026

O Teatro Principal de Santiago acolleu onte a gala que recoñece a excelencia do traballo editorial realizado en Galicia ao longo do ano pasado

Nerea Pallares acadou o premio de narrativa con «Punto de araña», Andrea Nunes Brións o de poesía con «O mapa da estría» e Cándido Pazó o de teatro con «O proceso. Apaga o candil»

Foto de familia dos gañadores do premios Follas Novas.

Foto de familia dos gañadores do premios Follas Novas. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. S. / C. S.

Vigo

O sector libro galego viviu onte en Santiago de Compostela unha das súas grandes citas anuais coa celebración da gala que recoñece a excelencia do traballo editorial en Galicia, a dos Premios Follas Novas. Con preto de 40 profesionais da escrita, da tradución e da ilustración finalistas, xunto con máis de 20 editoriais, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia Conta, co apoio de CEDRO, do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña e da Xunta, os Premios Follas Novas do Libro Galego reivindicaron o talento na literatura galega ao mesmo tempo que a «imprescindible visibilidade» na sociedade para acompañar o «bo momento» que vive o mundo do libro, segundo destacaron dende a organización.

Na cerimonia, que nesta edición estivo conducida e musicada por «Unha señora orquestra», formada por Ailén Kéndelman e Areta Bolado, Miguel Toval, o presidente dos editores, reclamou en nome das tres asociacións convocantes «unha maior visibilidade para o libro galego», asegurando que «a literatura galega suma ano tras ano premios e recoñecemento crítico, mais o sector editorial –a parte industrial da cadea do libro– afronta descensos sostidos de facturación e cota de mercado interno nun contexto de retroceso constatado do uso social da lingua. Melloran os índices lectores, pero non a lectura na lingua propia».

Un dos momentos destacados da xornada foi a entrega dos premios de honra anuais nos que se distingue a unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría. Escollidos por cada unha das tres entidades organizadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego, os galardóns que se entregaron na gala este ano recaeron na libraría coruñesa Moito Conto, na editorial Galaxia e no escritor palestino Basim Al-Khandaqji.

Na ceremonia, que nesta edición estivo conducida e musicada por «Unha señora orquestra», formada por Ailén Kéndelman e Areta Bolado, Miguel Toval, o presidente dos editores, reclamou en nome das tres asociacións convocantes «unha maior visibilidade para o libro galego», asegurando que «a literatura galega suma ano tras ano premios e recoñecemento crítico, mais o sector editorial –a parte industrial da cadea do libro– afronta descensos sostidos de facturación e cota de mercado interno nun contexto de retroceso constatado do uso social da lingua. Melloran os índices lectores, pero non a lectura na lingua propia», manifestou.

Distincións por categorías

En canto ás obras premiadas nas 13 categorías que integran os Premios Follas Novas, destacaron os galardóns concedidos a Nerea Pallares, premio de narrativa pola súa novela «Punto de araña», Premio García Barros 2025; a Andrea Nunes Brión, recoñecida co premio de poesía por «O mapa da estría», ou Cándido Pazó, premio ao libro de teatro pola súa peza «O proceso. Apaga o candil».

Con respecto ao resto de apartados, Alba Rodríguez Saavedra foi distinguida co galardón á mellor obra de ensaio e investigación polo traballo «Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes», namentres que na categoría de mellor obra de divulgación o premio recaeu en Susana Reboredo Morillo por «Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?». Érica Esmorís foi a autora premiada na categoría de mellor obra infantil por «O peculiar» e Rosa Aneiros na de mellor obra xuvenil por «Unha historia de amor como outra calquera».

O premio ao libro ilustrado foi outorgado a Lucía Belarte e David Lorenzo por «A panadería» e o premio ao libro de banda deseñada, gráfico e humor recaeu en Paula Mayor por «Rosalía Oculta».Por outra banda, o galardón á iniciativa bibliográfica recaeu en Alba de Evan, Xabier Domínguez e Iria Prol pola súa «Guía ilustrada do Entroido Galego», mentres que o premio á mellor obra traducida foi para Mohamed Mbougar Sarr por «A máis recóndita memoria dos homes».

Por último, o galardón ao libro mellor editado no ano 2025 foi concedido a Carlos Negro por «A caligrafía das espigas» e o premio de promoción da lectura foi destinado ao club de lectura feminista A Lila+ Sega.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents